04 Xul Tomiño recibe da Deputación unha achega de 60.000 euros para a construción dunha pista de atletismo no Mosteiro
O grao de adxudicación do Plan Concellos en Tomiño sitúase no 82%, o que supón un investimento na vila de 1.019.241,09 €
Esta actuación súmase ás xa aprobadas anteriormente polo Plan Concellos, que destinou 739.835,61 € na liña 1 para a reforma e mellora da accesibilidade no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, o saneamento en Carregal de Abaixo, o saneamento nos núcleos de Camiño Novo, Pazos, Rexidouro e A Val xunto coa conexión coa fase IV do saneamento na vila, a adquisición dun vehículo para o servizo de medio rural e a reforma do patio interior na escola infantil municipal, así como 219.405,48 €, na liña 4 -emprego- para a contratación de 25 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.
No que levamos de 2016, o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Tomiño sitúase no 82,4% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila por parte do Goberno provincial acada a cifra de 1.019.241,09 €.