07 Xul Aínda quedan prazas vacantes para o curso AFD de Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes, que organiza o Concello e que comezará probablemente o día 18 de xullo
O Concello de Tomiño conta con 2 prazas vacantes no Curso de Instalación e Mantemento de Xardíns e zonas verdes que se impartirá previsiblemente do 18 de xullo ata o 4 de novembro cun horario de 8.00 a 15.00 horas e de luns a venres.
Este curso, que consta de 508 horas, está orientado preferentemente para persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
Os requisitos mínimos de acceso ao curso son:
- Estar en posesión do Graduado en ESO ou titulación equivalente ou competencias claves de nivel 2, etc.
Os interesados poden inscribirse mediante a presentación do modelo de solicitude na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño, aportando unha fotocopia do DNI, e a titulación esixida antes do día 14 de xullo.