![](https://tomino.gal/wp-content/uploads/2016/08/20160816_110633-Copy.jpg)
16 Ago Integrantes do Ateneo Musical de Bembrive visitaron hoxe a Praza do Seixo para conmemorar o día de San Roque
Mañá musical para conmemorar as festas da Nosa Señora e San Roque.
Membros do Ateneo Musical de Bembrive estiveron esta mañá na Praza do Seixo, fronte á Casa do Concello para ofrecer un concerto na honra da Nosa Señora e San Roque.
Os músicos interpretaron varias pezas ante os membros da corporación e veciñanza. A alcaldesa da vila, Sandra González, agradeceu a todos a visita.