15 Dec A Agrupación Musical de Goián celebra o Concerto de Nadal o domingo 18 de decembro ás seis da tarde
O vindeiro domingo 18, ás 18 horas, celebrarase no Auditorio de Goián o “Concerto de Nadal” que cada ano prepara a Agrupación Musical de Goián.
Neste concerto intervirá a gran maioría do alumnado da escola de música, dende os máis pequenos, de Xardín Musical, até os maiores, pasando polo coro e as bandas de música nas súas tres categorías, dirixidas por Pedro Villarroel.
“Destacamos a colaboración do Concello de Tomiño e aproveitamos a ocasión para pedir a achega aos asistentes de 1Kg de alimentos para a colaboración solidaria con SOSTOMIÑO. Esperamos a xenerosidade de todos e agradecémosllo anticipadamente”, salientan dende a directiva da agrupación.