25 Abr O pedagogo italiano Francesco Tonucci inaugura mañá o novo salón de actos do Concello de Tomiño
A visita enmárcase dentro dun programa de actividades da Deputación de Pontevedra, a desenvolver entre os meses de abril e xuño de 2017, coa intención de difundir o traballo do pedagogo en toda a provincia
Francesco Tonucci, psicopedagogo e debuxante italiano, autor do libro “A cidade dos nenos”, estará mañá en Tomiño para inaugurar oficialmente as obras de reforma levadas a cabo no Salón de Plenos.
A visita enmárcase dentro dun programa elaborado pola Deputación de Pontevedra, con Tonucci como referencia. Concretamente, odepartamento de Mobilidade da Deputación desenvolverá ducias de actividades entre os meses de abril e xuño de 2017, en toda a provincia,coa intención de difundir o traballo do pedagogo, entre profesionais da educación, técnicos de urbanismo, nenos, familias…
Programa acto Tomiño:
Día 26 de abril de 2017:
12:55 h.
Entrada das/os nenas/os no salón de plenos.
13:00 h.
Recepción de Tonucci na entrada principal.
13:05 h.
Introdución da recepción por parte das autoridades locais.
13:10 h.
Lectura do discurso de benvida, elaborado previamente, polos escolares. Convite para que Tonucci corte a cinta inaugural do salón de plenos.
13:30 h.
Saída á Praza do Seixo, onde se realizará unha interpretación do Himno Galego, para pechar o acto.
Máis información: