Atoparás o formulario de inscrición ao final desta páxina. Unha vez enviado o formulario asegúrate de que foi enviado correctamente, volve abaixo e mira se sae a mensaxe de agradecemento, ou se marca erros.
Impartido polo Club Deportivo Miño. O obxectivo é introducir ás nenas e nenos asistentes nesta práctica deportiva.
Do 25 de xuño ao 30 de xullo.
Grupo A: martes de 17:00 a 18:00 horas.
Grupo B: xoves de 17:00 a 18:00 horas.
De 8 a 14 anos .
Río Miño (Goián).
Inscrición: 15€ .
Requisitos: saber nadar.
Realizaranse diferentes actividades lúdicas, plásticas e culturais nas instalacións do colexio Pedro Caselles.
Do 1 ao 31 de xullo.
De luns a venres de 09:00 a 14:00h, con posibilidade de escoller Aula Madruga de 08:00 a 09:00 hhoras.
A partir de 4 anos .
Área Deportiva Mosteiro.
Inscrición: 45€.
O rugby é un deporte inclusivo tradicionalmente coñecido pola nobleza, deportividade e respecto a todas as persoas participantes. O traballo colectivo está sempre por riba das destrezas individuais. Impartido por Vigo Rugby.
Do 1 ao 12 de xullo.
De luns a venres de 11:00 a 13:00 horas.
De 8 a 14 anos.
Área Deportiva Mosteiro.
Inscrición: 20€.
Impartido por unha persoa profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir neste deporte ás e aos participantes.
Do 1 de xullo ao 30 de agosto.
Luns, mércores e venres de 10:00 a 11:00, de 11:00 a 12:00 e de 12:00 a 13:00 horas.
Grupos de 6 a 9 anos, de 9 a 13 e de 14 a 17 .
Área Deportiva Mosteiro.
Inscrición: 20€.
Impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir as persoas interesadas neste deporte.
Do 2 de xullo ao 29 de agosto.
Martes e xoves;
Grupo A de 10:30 a 11:30 horas.
Grupo B de 11:30 a 12:30 horas.
De 4 a 14 anos .
Área Deportiva Mosteiro .
Inscrición: 15€
O obxectivo deste curso é aprender a “surfear o asfalto” utilizando o parque de skate municipal e aprendendo de xeito lúdico e práctico. O skate non entende de idade e a través deste campus as persoas asistentes aprenderán trucos básicos para principiantes e tamén a mellorar e depurar estilos e técnicas.
Do 15 ao 31 de xullo.
De luns a venres de 10:00 a 12:30 horas.
De 5 a 18 anos.
Pista de Skate Municipal .
Inscrición: 15€
Levarase a cabo no campo de fútbol “A Carballa” (Tomiño) e no campo de fútbol “O Regatiño” (Goián). Ten por obxectivo introducir ás persoas interesadas neste deporte e, alén diso, educar en valores como traballo cooperativo, fomento do respecto, prevención do acoso escolar…
Do 15 ao 27 de xullo .
De luns a venres de 11:00 a 13:30 horas e o sábado 27 de xullo de 10:00 a 13:30 horas.
De 9 a 14 anos.
Campo de fútbol do Regatiño (Goián) e Campo de fútbol A Carballa (Tomiño).
Inscrición: 55€
A través da ensinanza técnica do balonmán integraranse máis aspectos educativos básicos para o desenvolvemento da persoa. Valores como o compañeirismo, xogo limpo, amizade, respecto polas demais persoas…
Do 5 ao 16 de agosto.
De luns a venres de 09:00 a 13:30 h oras.
De 6 a 13 anos.
Pavillón da Carballa.
Inscrición: 10€.
Impartido pola Sociedad Atlética Tegra. O obxectivo é introducir ás nenas e nenos asistentes nesta práctica deportiva e iniciar ao atletismo mediante o traballo das habilidades motrices de cada especialidade (carreiras, saltos e lanzamentos).
Do 19 ao 30 de agosto.
De luns a venres de 10:00 a 12:00 horas.
A partir de 3 anos.
Área Deportiva Mosteiro.
Inscrición: 10€
Será desenvolvido pola Agrupación Musical de Goián. O seu obxectivo será realizar actividades lúdico-formativas relacionadas coa música. Duración: 1 ou 2 semanas, segundo a escolla.
Do 19 ao 23 de agosto.
Do 26 ao 30 de agosto.
De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
De 3 a 12 anos.
Auditorio de Goián .
Inscrición: 1 semana 30€, 2 semanas 45€.
As datas do campamento musical son:
-Do 19 ao 23 de agosto.
-Do 26 ao 30 de agosto.
* Pódese escoller calquera unha das semanas por 30€ ou as dúas semanas por 45€
Os nenos e nenas empadroados/as no concello de Tomiño que sexan irmáns e participen xuntos/as na mesma actividade terán unha bonificación de 5€ por cada neno/a
O formulario de inscrición non está disponible, xa que as actividades están completas.