A realización de actividades en familia axuda a estreitar lazos afectivos e de comunicación. Ademais, considerando que cada vez máis nenos/as e persoas adultas usan ou abusan de aparatos dixitais, a práctica deportiva ao aire libre axuda a dicirlle adeus ao sedentarismo e a estimular a capacidade imaxinativa.
Que os máis pequenos da casa se familiaricen con este tipo de actividades creará neles unha rutina que fará que lles encante practicar deporte desconectando das súas tarefas diarias o que fará que estean máis saudables por dentro e por fóra.