O curso será impartido por Raúl Ordóñez, especialista en márketing e estratexia online con máis de 20 anos de experiencia no sector. Director de Sherpa Cultura Digital dende onde guían a empresas e profesionais a adaptarse con éxito ao cambio tecnolóxico. Foi responsable do negocio de bitacoras.com, a maior rede social de bloggers no mundo hispano e impulsor de diferentes proxectos dixitais con marcas e entidades de primeiro nivel. Tamén é docente e mentor na EOI e colabora habitualmente con diferentes universidades coma a USC, Universidade de Jaén, diferentes Escolas de Negocio ou a Escola de Finanzas.