3º Plan de Igualdade

Dado que é fundamental coñecer as necesidades do noso Concello a fin de articular ferramentas e medidas efectivas de traballo, é de vital importancia a participación de axentes sociais, polo que até o 15/08/2021 está a disposición de todas aquelas asociacións e entidades sociais, deportivas, veciñais, culturais, ANPAS, Comunidades de montes e augas… unha enquisa para que dende ditas entidades e de xeito anónimo participen achegando ideas.

Por mor da precaución e cumprimento das normas sanitarias optamos por este xeito de participación, evitando así os riscos derivados das reunións presenciais.

3º PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DE MULLERES E HOMES DO CONCELLO DE TOMIÑO 2017-2020

AREA ESTRATÉXICA DE SENSIBILIZACIÓN E PARTICIPACIÓN EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Fomentar un cambio de valores e modelos de socialización que permita eliminar as desigualdades existentes e unha participación social que garanta a igualdade de oportunidades e de trato entre mulleres e homes.

AREA ESTRATÉXICA DE EMPREGO E CONCILIACIÓN

Fomentar a participación equilibrada de mulleres e homes no eido laboral a través de medidas que faciliten a inserción laboral das mulleres.

AREA ESTRATEXICA DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA

Concienciar á poboación sobre as violencias machistas como expresión máxima da desigualdade entre mulleres e homes, ofrecendo ás mulleres vítimas unha atención integral.