Familias en festa 2021

IMPORTANTE!

Dado que as medidas covid varian constantemente dependendo da incidencia que hai en cada momento, o aforo vai ser limitado seguindo as restriccións que estén vixentes nesa fin de semana.

Por tanto, avisarase uns días antes da celebración (por orde de inscrición) ás persoas que poderán asistir a cada actividade.

Presentámosvos o evento FAMILIAS EN FESTA, que se levará a cabo o día 28 de agosto en horario de 16.30 a 22.30 h no interior da FORTALEZA DE GOIÁN e na praza Pintor Antonio Fernández de Goián.

Este día está centrado nas crianzas entre 0 e 12 anos e súas familias, quen poderán desfrutar de actividades e concertos de balde durante toda a tarde. Haberá un espazo “TERRA” de xogo libre para bebés de 0 a 3 anos; espazos de xogo libre e brinquedos tradicionais para infancia de 3 a 6 anos e para rapazada de 6 a 12 anos; espectáculo teatral e musical GATUXO para bebés de 0 a 3 anos, espectáculo de circo “CRUNCH” para rapazada de 6 a 12 e nenos/as de 3 a 6 anos, concertos de CÉ ORQUESTRA PANTASMA e XOÁN CURIEL E A BANDA DO VERÁN para todos os públicos.

PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO

ACTIVIDADES:

HORA Praza Pintor Antonio Fdez (Goián) FORTALEZA DE GOIÁN (exterior) FORTALEZA DE GOIÁN (interior)
16:30h – 17:30h Espectáculo de circo “CRUNCH”

Espazo rapazada. De 6-12 anos.

Espazos de xogo libre e brinquedos tradicionais.

Espazo infancia. De 3-6 anos.

ESPAZO TERRA. Espazo de xogo libre.

Espazo bebés. De 0-3 anos.

17:45h – 18:45h Espectáculo de circo “CRUNCH”

Espazo infancia. De 3-6 anos.

Espazos de xogo libre e brinquedos tradicionais.

Espazo rapazada. De 6-12 anos.

Espectáculo teatral e musical “GATUXO”

Espazo bebés. De 0-3 anos.

19:00h – 20:00h Concerto CÉ ORQUESTA PANTASMA

PARA TODOS OS PÚBLICOS.

21:30h – 22:30h Concerto XOÁN CURIEL E A BANDA DO VERÁN

PARA TODOS OS PÚBLICOS.