Escola Municipal de Teatro 2023

A Escola Municipal de Teatro estrenará o novo curso co novo ano. Será en xaneiro de 2023 cando os nenos e nenas se achegarán ao mundo teatral ao tempo que se estimulan as capacidades creativas, se fomenta o traballo en equipo ou se melloran os recursos comunicativos, entre outros. Combínanse a expresión dramática coa creación, ensaio e posta en escena dunha obra.

 

ABRIMOS XA O PRAZO DE INSCRICIÓN sendo o prezo mensual de 15€. Terán preferenza as persoas inscritas na escola na edición anterior, malia que ampliamos prazas!!

 

De 4 a 8 anos (de 17:30 a 18:45h). No Auditorio de Goián

De 9 a 12 anos (de 16:00 a 17:15 h). No Auditorio de Goián

Máis de 13 anos (de 19:15 a 20:30 h). No Auditorio de Goián

 

Todos os martes, dende xaneiro ata xuño.