Comunicación de Guerrilla

COMUNICACIÓN DE GUERRILLA

 

#voluntariado

 

 

 

Imos levar a cabo no noso concello, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación, unha actividade chamada Comunicación de Guerrilla dentro do proxecto People and Planet: un destino común, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa DEAR.

 

O obxectivo do proxecto é chamar á reflexión sobre a sustentabilidade vinculada coa auga como dereito humano fundamental e sobre impacto que xeran as dificultades no acceso á auga a nivel global e como inflúe esta carencia nas sociedades do Sur. E queremos facelo empregando técnicas da comunicación de guerrilla, coa complicidade dun grupo de 15 persoas, de entre 15 e 35 anos, do concello.

Estas persoas participarán nunha formación de 6h (o 8 de outubro de 9 a 13h e de 16h a 18h) na que aprenderán técnicas básicas de comunicación de guerrilla, reflexionarán sobre o Dereito Humano á Agua e sobre as consecuencias da mala xestión dos recursos naturais, escollerán un tema local sobre o que deseñar unha acción pública de denuncia ou sensibilización e definirán e executarán esa acción de guerrilla final, nun espazo público da localidade, converténdose en axentes do cambio.