Outono de libros 2022

Neste outono o Concello de Tomiño organiza a presentación de varios libros de autores galegos. Todas as presentación son aptas para todos os públicos, terán lugar no mercado de Tomiño e poderáse asistir de forma gratuita.

Presentación do libro “PARIAS, KELLYS, REBELDES. MI PERIPLO POR UNA GRECIA CANSADA” de Antía Fernández Martínez.

“Parias, kellys, rebeldes. Mi periplo por una Grecia cansada” é un libro que recolle a historia persoal da autora, moi ligada á historia da propia Grecia. Se lle preguntas a calquera persoa historiadora, dirache que a historia de Gracia, coa civilización minoica, tamén comeza en Creta. É curioso. Creta tamén foi o primeiro que a autora coñeceu de Grecia, durante unha breve viaxe á illa que realizou durante o seu tempo en Chipre. Creta foi o seu inicio, foi Grecia antes incluso que Grecia. Foi unha viaxe peculiar, absurda ás veces. Foi unha viaxe case profética. Foi coma un presentimento da historia que tería con esa illa no futuro.

Antía Fernández Martínez (O Rosal, 1992), foi voluntaria durante anos na OMIX de Tomiño. Soubo levar á literatura cada aprendizaxe e cada vivencia dos seus anos vividos na Grecia contemporánea (2016-2020). Uns anos nos que habitou os diversos rincóns que conforman o país: Creta, Kalamata, Tesalónica, Samos, Eubea… Xa fora a traballar como kelly para o turismo ou a exercer labores de voluntariado, a autora destas páxinas mergullouse durante algo máis de tres anos nas profundidades dunha terra, a grega, que arrastra séculos de historia. Tal e como indica Antía, a Grecia actual é unha Grecia cansada, incapaz de librarse do seu lonxano esplendor. Unha Grecia, tamén, combativa, rebelde, popular.

Venres 30 de setembro, ás 20:00h.

Presentación do libro “ALDEA BUXÁN”, de Francisco Álvarez ‘Koki’. Presenta Manuel Forcadela.

“Aldea Buxán” é un libro singular, escrito por un emigrante que recorda o eido orixinario e a el retorna coa memoria cada pouco. Escribe Koki nunha lingua rica en léxico e matices, coloquial, verdadeira. Non é a súa unha lingua “de dicionarios” como diría Fernández del Riego, senón algo que flúe coa sinxeleza dun regueiro dos nosos montes. Neste libro hai, se nos atemos a certos matices e definicións convencionais, contos, estampas, crónicas; en fin narracións. Vemos que a transhumancia non lle impide a Koki o vencello coa lingua galega e con Galicia.

Francisco Álvarez Koki (A Guarda, 1957), escritor e animador cultural, reside en Nova York, onde fundou o colectivo Celso Emilio Ferreiro para espallar a cultura galega. En lingua galega ten publicado, entre outros, o poemario “A memoria das palabras”, a novela “Ratas en Manhattan” e os libros infantís “Un neno na emigración” e “Vasoiras Barreiro”.

Venres 7 de outubro, ás 20:00h.

Presentación do libro “EL MONO POETA. METAMORFOSIS DE UN MÉDICO E INVESTIGADOR DE CÁNCER DE MAMA”, de Jorge Cameselle.

Cando comezou a escribir “EL MONO POETA” o autor pretendía deixar unha sinxela testemuña ao persoal médico máis novo, á súa familia e ás súas amizades, dalgunhas das dificultades que tivo que superar, durante décadas, para poder compatibilizar o exercicio da mediciña clínica coa súa vocación como investigador. Malia ás facilidades actuais que proporcionan: a historia clínica electrónica, as búsquedas bibliográficas mediante internet ou os modernos paquetes informáticos para a analise estatística; os/as médicos/as e enfermeiros/as que desexen realizar investigación clínica van tropezar, na actualidade, con unhas barreiras absurdas. A través da súa autobiografía, o autor – médico e investigador do cancro de mama – reflexiona sobre estes problemas e suxire algunhas solucións para incentivar e mellorar as investigacións científicas no ámbito da saúde.

Jorge Cameselle Teijeiro, (Vigo,1960). É Doutor en Mediciña e Cirurxía. Académico Correspondente da Real Academia de Mediciña e Cirurxía de Galicia. Especialista en Mediciña Familiar e Comunitaria. Especialista en Anatomía Patolóxica. Director do Grupo de Investigación en Oncoloxía Clínica ADICAM. Dirixiu múltiples Teses Doutorais en Mediciña, todas calificadas con Sobresaínte Cum Laude. Director e Guionista de Cinema Médico. Director dos Certames Internacionais de Cinema Médico Videoprimaria e do programa da TVG “Centro de Saúde”. Áreas de investigación preferentes: Cancro de Mama, Xenética Clínica e Enfermidades Raras. Co-autor de máis de 50 artigos médicos en revistas médicas internacionais. Recibiu numerosos Premios Nacionais e Internacionais polas súas investigación sobre cancro de mama e polos seus documentais científicos. Na actualidade, traballa como médico “interino” no Punto de Atención Continuada de Cangas do Morrazo. Traballou como médico de familia no Centro de Saúde de Tomiño en 2007 e 2008.

Venres 14 de outubro, ás 20:00h.

Presentación do libro “AS CASUALIDADES NECESARIAS”, de Daniel Pino.

“As casualidades necesarias” non é só unha novela na que suceden acontecementos imprevistos na vida de todas as personaxes. Sen ser unha novela coral, porque a trama se conforma arredor dunha muller, Helena Casal, presenta tipos e arquetipos, que nese xogo de azar e necesidade, esconden e delatan (como a néboa o curso dos ríos, que diría Wenceslao Fernández Flórez) unha fonda introspección sociolóxica sobre o presente e o pasado dun pobo, ca mirada sen complexos na que o positivo e o negativo se entrecruzan nunha interminable relación dialéctica. Dicía J.L. Monod que en todo acontecer biolóxico, ontolóxico, social ou individual están presentes o azar e a necesidade. Esta novela é ela mesma produto de ámbolos dous elementos.

Daniel Pino (Forcadela, 1943). Estudou Ciencias Políticas, Económicas e Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid. Tería acabado a carreira con 20 anos por terse matriculado dos dous últimos cursos nun ano, pero unha detención por parte da Brigada Político Social, levouno á cadea. O Tribunal de Orden Público condenouno a máis de 5 anos de prisión. Foi co-creador dun Consulting de Urbanismo, Ordenación Territorial e outras disciplinas afíns -a empresa Consultora Galega- na que por máis de 30 anos asumiu a dirección. Exerceu o cargo de Director Xeneral do Instituto Galego da Vivenda e Solo durante catro anos. Durante a súa longa vida profesional dirixiu e/ou coordinou máis de 150 plans de urbanismo e ordenación territorial, tanto en Galicia como en outras partes de España. Algúns destes traballos recibiron importantes premios. En solitario ou en colaboración, ten escrito máis dunha vintena de libros múltiples artigos relacionados coa súa profesión publicados en diferentes medios. Actualmente está dedicado, case por completo á escrita de ficción.

Venres 21 de outubro, ás 20:00h.

Presentación do libro “QUE TEÑEN QUE VER AS VACAS CO CAMBIO CLIMÁTICO?”, de Luisa Martínez Lorenzo.

Neste libro que tes nas mans explícase como funciona o Planeta e por que os arrotos e os peidos das vacas contribúen ao cambio climático. Vai ser un libro catastrofista deses nos que todo o que coñecemos vai desaparecer, imos morrer chamuscados e non hai solución? Ben, falamos das consecuencias do fenómeno pero tamén damos instrucións sobre como activar o SUPERPODER para frear o cambio climático. E quen ten ese SUPERPODER? Pois todas as persoas que consumimos.

Dra. en Ciencias do Mar e responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do CSIC en Galicia. Desde moi pequena sentín unha enorme curiosidade e admiración pola natureza, que fun alimentando con libros, guías de campo e documentais. Considérome moi afortunada porque na mi a infancia sempre estiveron presentes a costa, o monte, a praia… en ver n na Chabola (Praia Am rica, Nigr n) e tam n na nosa aldea (Ferreiros, Boiro). Estudei Ciencias do Mar na Universidade das Palmas de Gran Canaria e al  foi onde descubr n esas illas (que considero a mi a segunda casa, con permiso de canarias e canarios) e onde me atopei con Marian. Marian   moito m is ca unha amiga,   a mi a familia elixida. Ela e outras persoas incribles deixaron unha profunda pegada na mi a vida. Desde sempre, gustoume debuxar. No ano 2018 publiquei o meu primeiro libro: “Puf! Vaia peido!” e, desde 2019, dirixo a colecci n de divulgaci n cient fica Lanterna de Arist teles. Marian e eu vivimos moitas experiencias xuntas: viaxes, proxectos, traves as, aventuras, desgustos, penas e risas… e agora este libro que tes nas mans! Oxalá che guste; nel está  a nosa esencia e a nosa visión sobre os retos que temos por diante como especie.

Venres 4 de novembro, ás 20:00h.

Presentación do libro “EL BÁCULO DE SAN EPITACIO. SUSANA, SUSANA…”, de Emilio Estévez Martínez.

Verán de 1999. O mundo camiña cara a un novo milenio. No ambiente flota unha ilusión de reinicio. De novos tempos. Susana, unha moza nacida no País Vasco ordena e organiza minuciosamente o seu presente e o seu futuro. En cambio, é o pasado o que sae ao seu encontro. Unha viaxe á histórica cidade de Tui, ao finisterrae románico, na procura das orixes da súa defunta nai cambiaralle a vida para sempre.

Emilio Estévez Martínez (Tui, 1973) é enxeñeiro industrial de profesión, doutor en matemática aplicada e profesor universitario. Emilio tamén ocupa cargos de responsabilidade en empresas e organizacións empresariais.

Venres 11 de novembro, ás 20:00h.