Aproveita o verán coas actividades organizadas polo Concello de Tomiño

DEPORTE

Campus de Tenis

REQUISITOS: de 5 a 17 anos

 

DATA: Luns 03 de xullo ata mércores 30 de agosto

 

HORARIO: luns, mércores en quendas de 10h a 11h / de 11h a 12h / de 12h a 13h e os venres en quendas de 17h a 18h / de 18h a 19h / de 19h a 20h

 

LUGAR: Pistas de tenis municipais – Mosteiro

 

PREZO: 20€/mes

Impartido por un profesional da materia en pistas municipais, o campus ten o obxectivo de introducir ás persoas interesadas neste deporte.

Campus de Baloncesto

REQUISITOS: de 5 a 15 anos *pode modificarse a idade segundo demanda

 

DATA: Do 03 ao 12 de xullo

 

HORARIO: luns e mércores de 11h a 12.30h

 

LUGAR: Pavillón de Goián

 

PREZO: 12€

Impartido por un profesional da materia, o campus ten o obxectivo de introducir ás persoas interesadas neste deporte.

Campus de pádel

REQUISITOS: De 5 a 17 anos.

 

DATAS: Do 04 de xullo ao 31 de agosto

 

HORARIO: Martes e xoves de 10.30 a 11.30 h e de 11.30 a 12.30 h.

 

LUGAR: Pistas de pádel do Mosteiro.

 

PREZO: 25€/mes

Impartido por un profesional da materia en pistas municipais, este campus busca introducir ás persoas interesadas no pádel.

Curso de piragüismo para persoas adultas

REQUISITOS: A partir de 18 anos. Para poder participar é obrigatorio saber nadar.

 

DATAS: 1ª quenda: martes, 4 e 11 de xullo  //  2ª quenda: martes, 1 e 8 de agosto

 

HORARIO: de 11h a 13h

 

LUGAR: Club Deportivo Miño – Río Miño Goián

 

PREZO: 40€ por quenda/persoa
(20€ se só poden asistir un día)

Impartido polo Club Deportivo Miño, o obxectivo é introducir ás persoas asistentes nesta práctica deportiva. Para poder participar é obrigatorio saber nadar.

Campus de fútbol feminino

REQUISITOS:  Nenas de 6 a 16 anos.

 

DATAS: Do 4 ao 14 de xullo.

 

HORARIO: De 9h a 13.30h

 

LUGAR: Campo de fútbol do Alivio (Tomiño).

 

PREZO: 55€

O obxectivo deste campus de fútbol unicamente feminino é potenciar e promocionar aínda máis o deporte feminino entre a poboación, coa posibilidade de captar novas xogadoras que formen parte dun club organizado.

Curso de Paddle Surf para persoas adultas

REQUISITOS: A partir de 18 anos. Obrigatorio saber nadar

 

DATAS: 1ª quenda: xoves, 6 e 13 de xullo  //  2ª quenda: xoves, 3 e 10 de agosto

 

HORARIO: de 11h a 13h

 

LUGAR: Club Deportivo Miño – Río Miño Goián

 

PREZO: 40€ por quenda/persoa (20€ se só poden asistir un día)

Mergúllate nunha experiencia única na auga e disfruta dunha actividade emocionante mentres exerces o teu corpo e a túa mente. Únete ao noso curso de Paddle Surf para persoas adultas e aprende co noso equipo de expertos.

Campus de skate

REQUISITOS: A partir de 6 anos

 

DATAS: Do 17 ao 31 de xullo

 

HORARIO:

  • Grupo A (de 6 a 15 anos): de luns a venres de 10.00 a 14.00 h.
  • Grupo B (a partir dos 16 anos): de luns a venres de 16.00 a 20.00 h.

 

LUGAR: SkatePark de Goián.

 

PREZO: 50€

O campamento “Vrán skate camp” será unha actividade deportiva de iniciación e perfeccionamento no skateboarding. Teranse tamén en conta certos valores que rodean ao skate, como son a convivencia, compañeirismo, esforzo e auto superación, coidado das instalacións… de modo que a rapazada se somerxa e interese nesta disciplina dunha forma respectuosa e divertida. Serán dúas semanas de campamento con clases catro horas cada mañá ou catro horas cada tarde para dous grupos de quince persoas separadas por idades.

Campus mixto de fútbol

REQUISITOS: De 4 a 16 anos

 

DATAS: Do 17 ao 28 de xullo

 

HORARIO: De luns a venres de 09.30h a 13.30h

 

LUGAR: A escoller entre Campo de fútbol “A Carballa” (Tomiño) ou campo de fútbol “Lito Oliveira” (Goián)

 

PREZO: 55€

Ten o obxectivo de introducir ás persoas interesadas neste deporte e, alén diso, cóntase cunha área formativa para educar en valores como o traballo cooperativo, fomento do respecto e prevención do acoso escolar.

Campus de bádminton

REQUISITOS: De 6 a 16 anos

 

DATAS: Do 31 de xullo ao 11 de agosto

 

HORARIO: De luns a venres de 11.00h a 13.00h

 

LUGAR: Pavillón Polideportivo da Carballa

 

PREZO: 45€

O bádminton require un esforzo individual físico e mental, mellorando nas persoas habilidades como a superación, disciplina ou confianza en si mesmas. Tamén xera un desenvolvemento psicomotor, que implica grandes grupos musculares. O nivel de aprendizaxe do campus é de iniciación destinada a nenos e nenas que pretendan introducirse no deporte ou que xa teñan certos coñecementos.

Campus de atletismo

REQUISITOS: A partir de 6 anos e sen límite de idade

 

DATAS: Do 31 de xullo ao 04 de agosto

 

HORARIO: De luns a venres de 10.30h a 13h (3 grupos dunha hora ou dous grupos dunha hora e media)

 

LUGAR: Pista de atletismo do Concello de Tomiño.

 

PREZO: 20€

Impartido pola Sociedade Atlética Trega. O obxectivo é introducir ás nenas e nenos asistentes nesta práctica deportiva e iniciar ao atletismo mediante o traballo das habilidades motrices de cada especialidade (carreiras, saltos e lanzamentos).

Ioga da risa

REQUISITOS: De 6 a 12 anos.

 

DATAS: Do 01 ao 31 de agosto.

 

HORARIO:

  • Grupo A (de 9 a 12 anos): martes e xoves de 10.30 a 11.30 h.
  • Grupo B (de 6 a 18 anos): martes e xoves de 12.00 a 13.00 h.

 

LUGAR: Espazo Fortaleza de Goián.

 

PREZO: 12€

O ioga integral na infancia pode resultar moi beneficioso: a nivel físico aumenta a tonicidade muscular, a axilidade, a flexibilidade, a capacidade pulmonar e o equilibrio; a nivel mental facilita a capacidade de concentración; e a nivel emocional ensina a recoñecer e expresar as emocións.

INFANCIA E MOCIDADE

Campamento urbano

REQUISITOS: De 3 a 12 anos (separación por grupos de idade).

 

DATAS: Do 03 ao 31 de xullo.

 

HORARIO: De luns a venres de 9h a 14h (posibilidade de asistir só medio mes)

 

LUGAR: Nas instalacións do colexio Pedro Caselles Beltrán

 

PREZO: 90€ (ou 60€ medio mes)

CAMPAMENTO ECOSOCIAL EN TOMIÑO

O obxectivo xeral deste campamento inclusivo é transmitir que a natureza e as persoas son o centro da vida e que, grazas a isto, a vida é posible.

Programación:

  • Medioambiente e coidado á natureza: Xogos e actividades que na etapa infantil fomentan unha visión de convivencia respectuosa á Terra, valorando os seus recursos: o chan, a auga, a flora, a fauna e na etapa de primaria parten da idea esencial de que somos seres ecodependentes e que precisamos valorar e coidar á natureza.
  • Igualdade de xénero: Na etapa infantil traballaremos a autopercepción, os límites, os coidados, a corresponsabilidade, a sensibilidade pola vida e o valor da diversidade para a prevención das violencias. Na etapa da primaria deseñamos actividades para traballar a corresponsabilidade, a inclusión social, as diversidades, o fortalecemento das relacións socioafectivas, a loita pola igualdade e a prevención das violencias machistas.
  • Alimentación consciente: Imos aprender as diferenzas entre alimentos e comestibles, identificar os alimentos de tempada, coñecer como preservar a saúde, estimular o sentido do gusto e elaborar algunhas receitas.
  • Deportes: Asumimos o movemento e o xogo como o máis importante. Promoveremos valores de respecto, de cooperación e de igualdade. Practicarase aikido, ioga, slackline, danza, xadrez e moito máis.
  • Mundo dixital: Creación dunha revista dixital sobre as experiencias vividas no campamento.

Curso de introdución ao Tai Chi Chuan con abano

REQUISITOS: A partir de 12 anos

 

DATAS: Do 04 ao 27 de xullo

 

HORARIO: Martes e xoves de 11h a 12h

 

LUGAR: Fortaleza de Goián

 

PREZO: 25€

Descubre a harmonía entre o corpo e a mente mentres aprendes Tai Chi Chuan con Abano no noso curso de iniciación. Rexístrate agora e comeza o teu camiño cara a unha vida máis equilibrada e saudable!

Campamento musical

REQUISITOS: De 3 a 12 anos

 

DATAS: Do 21 de agosto ao 2 de setembro (Unha ou dúas semanas a escoller)

 

HORARIO: De luns a venres de 10h a 14h

 

LUGAR: Auditorio de Goián

 

PREZO: 1 semana 30€ (socias banda 15€) // 2 semanas 45€ (socias banda 25€)

Impartido por profesionais da Agrupación Musical de Goián.
A través de actividades lúdicas, a infancia participante coñecerá diferentes composicións musicais creadas por mulleres, achegándose ás súas biografías e traxectorias profesionais. Todo isto configurado como “viaxes temáticas” mediante distintas actividades onde a finalidade principal é gozar coa música. Realizaranse actividades e obradoiros variados.

  • Miniconcertos de solistas
  • Actividades manipulativas con elementos naturais
  • Obradoiros de instrumentos musicais con material de refugallo
  • Manipulación de instrumentos
  • Actividades de abstracción mediante a música

NOTA:

Todos os e as menores de idade precisarán autorización materna, paterna ou do titor/a legal.

En todos os cursos ofertados requírese un mínimo de 15 persoas para que se leven a cabo. Para máis información chamar ao 986 622 001/02/03 e/ou mandar un correo electrónico a omix@tomino.gal. As inscricións realizaranse a través dun formulario que está dispoñible no seguinte botón.