Semana do medio ambiente 2024

Como cada ano, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño, o Concello de Tomiño celebra a Semana do Medio Ambiente “Tomiño Natural”. Unha morea de actividades para todas as idades coas que gozar da natureza, aprender e colaborar coa preservación do medio.

Este ano a Semana do Medio Ambiente vai adicada á biodiversidade e a importancia que ten a conservación das especies para que os ecosistemas manteñan o seu equilibrio natural.