A Asociación de Praceiros e Praceiras do Mercado de Tomiño en colaboración co Concello xa ten lista unha nova programación para o vindeiro mes coa que achegar a praza de abastos e os seus postos ao público dun xeito diferente e dinámico.
Cunha clara posta en valor dos produtos locais, de tempada e de calidade, do 7 ao 11 de novembro ofrecerán unha morea de actividades abertas a todos os públicos coas que desfrutar da cultura, da música e do sabor.