24 Xul Aberto o prazo de inscrición do curso de tenis do Plan Corresponsais Esta actividade está dirixida á rapazada menor de 16 anos. O prazo de inscrición pecha o mércores 26 de xullo
O Concello de Tomiño abre o prazo de inscrición para participar no Curso de Iniciación ao Tenis, que se desenvolverá ao longo do mes de agosto. Esta actividade está dirixida á poboación infantil e adolescente menor de 16 anos.
O Curso de Tenis realizarase os martes, mércores e sábados e conta con tres quendas: de 10 a 11h, de 11 a 12h e de 12 a 13h. Levarase a cabo nas pistas de tenis municipais no Mosteiro e será impartido por unha persoal profesional.
As inscricións faranse a través deste formulario que pon a disposición a OMIX.
As inscricións deberán ser realizadas polo pai, nai ou titor de cada participante. Unha vez pechado o prazo de inscrición, comunicaráselle a cada participante o programa e a duración por correo electrónico.
Para máis información: https://tomino.gal/omix/