Acción de goberno

accionesdegoberno

A acción de goberno engloba toda a actividade política e executiva do concello, desenvolvidas dende os diferentes órganos de goberno. Toda a actividade municipal queda rexistrada nas actas das diferentes sesións dos devanditos órganos de goberno, e expostos nesta sección para o acceso público ás mesmas.

Plenos Municipais

Qué é o pleno municipal?

 

O pleno é o máximo órgano de representación politica dos cidadáns. Está composto polos concelleiros elexidos nas eleccións municipais, e o seu número depende da poboación do municipio. No caso de Tomiño son 17 concelleiros. A composición na actualidade e a que se recolle no seguinte gráfico.

Imaxe coa organización do pleno, proximamente…

Xunta de Goberno Local

Que é a Xunta de Goberno Local

 

A Xunta de Goberno Local é o órgano que, baixo a presidencia da alcaldesa, colabora de xeito colexiado na función de dirección política que lle correspónde, exercendo as funcións executivas e administrativas que se sinalan no artigo 127 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases do réxime local.

 

Composición

 

Presidenta:

Sandra González Álvarez – Alcaldesa

 

Membros:

Uxío Benítez Fernández – Tenente Alcalde e Concellerio de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica

Ana Cristina Martínez Souto – Concelleira de Parroquias e Educación

Rubén García Filgueiras – Concelleiro de Benestar Social e Deportes

Ana Isabel Fernández Carrera – Concelleira de Cultura, Patrimonio e Nomalización Lingüística

Agustín González Rodríguez – Concelleiro de Mocidade, Lecer e Participación veciñal

Comisión de Asuntos Plenarios

Que é a Comisión de Asuntos Plenarios

 

É unha Comisión Informativa permanente que ten por función o estudo, consulta e informe con carácter preceptivo de todos os asuntos que deban ser sometidos á decisión do Pleno, salvo nos supostos de urxencia.

 

Está integrada exclusivamente por membros da Corporación, presidida pola alcaldesa, podendo esta delegar a Presidencia efectiva en calquera membro da Xunta de Goberno Local e desenvólvense os martes ás 13h30 na semana do pleno.

 

A comisión está integrada por:

 

Presidenta:

Sandra González Álvarez – Alcaldesa

 

Vogais – Concelleiros:

Uxío Benítez Fernández – Tenente Alcalde e Concellerio de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica

Ana Isabel Fernández Carrera – Concelleira de Cultura, Patrimonio e Nomalización Lingüística

Agustín González Rodríguez – Concelleiro de Mocidade, Lecer e Participación veciñal

Lara del Carmen Meneses Álvarez – Concelleira do PP

Manuel Vila Carrera – Concelleiro do PP

Mª Violeta de Santiago Moure – Concelleira do PSOE

Comisión Especial de Contas

Que é a Comisión Especial de Contas?

 

La Comisión Especial de Cuentas existe en todos los municipios, de acuerdo con la Ley de Bases del Régimen Local, y se configura como un órgano complementario al cual corresponde el examen, estudio e informe de todas las cuentas, presupuestarias y extrapresupuestarias, que deba aprobar el Pleno.

 

Por acuerdo plenario se creó esta comisión preceptiva formada por:

 

Presidenta:

Sandra González Álvarez – Alcaldesa

 

Vogais – Concelleiros:

Uxío Benítez Fernández – Tenente Alcalde e Concellerio de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica

Ana Isabel Fernández Carrera – Concelleira de Cultura, Patrimonio e Nomalización Lingüística

Agustín González Rodríguez – Concelleiro de Mocidade, Lecer e Participación veciñal

Lara del Carmen Meneses Álvarez – Concelleira do PP

Arturo Romero Vilas – Concelleiro do PP

Mª Violeta de Santiago Moure – Concelleira do PSOE

Consello Escolar Municipal

Que é o Consello Escolar Municipal?

 

O Consello Escolar Municipal de Tomiño é un órgano de consulta e participación dos sectores intresados na programación do ensino non universitario e na planificación dos centros escolares no ámbito municipal.

 

(Lei 3/1986, do 18 de decembro, de Consellos Escolares de Galicia; Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia, os Consellos Escolares Territoriais e Municipais, en desenvolvemento da Lei 3/1986. Regulamento do consello escolar municipal do concello de Culleredo BOP Nº 268. Mércores, 22 de novembro de 2006)

 

Composición do Consello Escolar Municipal

 

Un Presidente/a: Alcaldesa

Sete profesores propostos polos sindicatos

Catro nais/pais propostos polas ANPAS

Tres representantes de alumnos

Os restantes vogais, ata completar 7, serán designados pola seguinte orde:

Un representante de cada partido político

Un director/a dun centro: directora IES

Un funcionario/a de Servizos Sociais do Concello

Un representante das CMVMC

Un representante de ADETO

Un representante Consellería de Educación: inspector/a de educación

Secretario/a: un funcionario/a do Concello