AGROEMPREGA: Construíndo futuro a través do Agro

Programa Integrado de Emprego de Galicia, promovido polos Concellos do Rosal e de Tomiño

logo-tomiño
ORosal-Logo
logo_programas_integrados_de_emprego_de_galicia
logo_xacobeo_21-22
logo_ministerio_de_trabajo_y_economia_social
xunta-de-Galicia-260-74

Que é?

Programa dirixido a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, que inclue as seguintes accións:

Información, orientación e asesoramento.

Formación (operacións xerais de xardinería, abonos e fertilizantes, técnicas de rega e poda, produción integrada en froiteiras e hortalizas, condución de carretillas elevadoras, prevención de riscos laborais, alfabeticación informática, etc.)

Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea.

Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

Fomento da capacidade emprendedora.

Prospección empresarial.

Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas.

Obradoiros sobre mobilidade laboral.

Formación subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Traballo e Economía Social

Dirixido a persoas en situación de desemprego inscritas no Servicio Público de Emprego de Galicia

Duración do programa formativo: 12 meses (820 horas)

Nº de prazas dispoñibles: 100

Como participar

As persoas interesadas poden inscribirse na Oficina do Servicio de Emprego de Tui. Tamén pode preinscribirse no seguinte formulario de preinscrición, e o persoal do Concello de Tomiño e do Concello do Rosal contactará coas persoas preinscritas a partir do 10 de xaneiro