ASÍ, SI: obradoiro sobre RELACIÓNS AFECTIVO SEXUAIS sans

DIRIXIDO A: adolescencia e mocidade adulta.
ONDE: no salón de plenos do Concello de Tomiño.
CANDO: 6, 7 e 8 de xullo de 10.30h a 13.30h.
PREZO: 15 €.

A nosa obriga, coma institución pública é mellorar a vida privada das persoas, construíndo unha sociedade mellor. A este obradoiro serán benvidas todas as mozas e mozos con ganas de formarse e informarse para desfrutar das súas relacións afectivo sexuais.

As diferenzas fannos únicas e a diversidade é un valor que suma.

O obradoiro, impartido por profesionais de IGUALADAS, ten os seguintes obxectivos:

  • Replantexar e rachar cos estereotipos e roles de xénero.
  • Plantexar e valorar as novas masculinidades e as diferentes formas do feminino.
  • Rexeitar a cosificación e hipersexualización dos corpos femininos.
  • Desmitificar crenzas erróneas sobre sexualidade.
  • Identificar relacións baseadas en desigualdades e comportamentos abusivos e sumisos.
  • Fomentar as relacións afectivas baseadsas na igualdade e nos respecto mutuos.
  • Fomentar o respecto ás diversidades.
  • Concienciar sobre as prácticas sexuais de tisco e das ETS (enfermidades de transmisión sexual).

FORMULARIO DE INSCRICIÓN