Aula CeMIT

cemit-intro

Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia que forma parte da Axenda Dixital 2014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.

 

O seu obxectivo é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega.

A Rede caracterízase pola impartición de actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento e conta coa colaboración de 92 concellos galegos. Está integrada por 98 aulas, chegando a todos os puntos da xeografía galega, de tal xeito que todo galego/a ten un aula a media hora de distancia do seu fogar e pode acceder á formación dende calquera punto. Todas as aulas están equipadas con última tecnoloxía, internet y sistemas de videoconferencia.

Horario da aula

De luns a venres:

09:15 – 14:15

Martes e xoves:

19:00 – 21:00

Actividades

Curso de Ofimática

Data: a mediados de setembro

 

Descrición: serie de cursos gratuítos relacionados ca ofimática, nos que se tratarán temas como o uso de procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos e presentacións. Estes cursos están orientados a realización en novembro da proba para a obtención do certificado oficial da Xunta en competencias dixitais de ofimática.

Obradoiro de Smartphones/Tablets para maiores

Data: martes, 10 de outubro as 11:00h

 

Descrición: cunha duración entre 90 e 120 minutos, estará impartidospor persoal dependente de Orange pero non é necesario ser cliente desta operadora nin ser propietario de ningún terminal para poder acudir aos mesmos. O obxectivo principal desta actividade é o de ensinar aos seus participantes as pautas básicas do funcionamento do móbil para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía e se familiaricen coa tecnoloxía móbil.

Se alguén está interesado en obter máis información sobre estas actividades, ou usar de maneira gratuita os equipos informáticos, pode pasar pola aula CeMIT de Tomiño no Campo da Feira, chamar ao número 986623304 ou no correo electrónico cemit.tomino@xunta.gal