Aula de Estudo

banner-aula

Pide a tarxeta de acceso á Aula Estudo

uno

Descarga e imprime o seguinte formulario.

 

dos

Enche o formulario cos datos requeridos e asínao.

tres

Entrega o formulario no Concello xunto coa documentación necesaria e recolle a túa tarxeta.

Enquisa de satisfacción Aula estudo

  • Este formulario recolle información de maneira anónima. Os datos recollidos serán empregados para mellorar o servizo da Aula Estudo do Concello de Tomiño. Grazas polo voso tempo!


    Responda as seguintes preguntas



  • A continuación valore de 1 a 5, sendo 1 “moi mal - totalmente en desacordo” e 5 “moi ben - totalmente de acordo”


Regulamento de emprego da aula de estudo

 

1- Horario de 9:00 a 21:00, deberá abandonarse a sala 10 minutos antes da finalización do horario.

2- Os menores de 12 anos deberán acceder acompañados dos seus pais ou titores.

3- Gardar silencio na aula de estudo e falar baixo na aula de traballo en grupo, e no resto de dependencias.

4- Silenciar os teléfonos mobiles e respetar a privacidade dos usuarios.

5- Non introducir bebidas (salvo auga) nin comida  nas aulas.

6- Non está permitida a entrada de mascotas, só no caso de cans de asistencia que acompañen a persoas con discapacidade.

7- Respetar as instalacións, ordenadores, mobles e materiais da aula.

8- Non se permite mover o mobiliario da aula, en caso de necesidade de desplazamento de sillas estas deberán colocarse novamente na súa posición tralo uso.

9- Deberán respetarse as restriccións de uso de postos, debidamente sinalizados por parte do Concello.

10- Non se permite a reserva de postos de ordenadores. A ausencia do posto de ordenadores da dereito a outra persoa a ocupar o posto.

11- Prohíbese expresamente a instalación de calquera aplicación ou programa, así como alteración da configuración do equipo. Igualmente prohíbese a realización de actividades que poidan causar o bloqueo ou a alteración de redes e sistemas.

12- Os ususarios deberán empregar o acceso WIFI de forma correcta, comprometéndose a non empregalo para a realización de actividades contrarias a Lei, ou con fins ou efectos ilícitos, prohíbidos ou lesivos de dereitos e intereses de terceiros. O Concello non será responsable do incumprimento desta obriga por parte dos usuarios.

13- Deberán cumprirse a normas santiarias respecto ao COVID-19