Axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 Comezará o 2 de xaneiro de 2023 e rematará o 5 de maio de 2023

NORMATIVA

Resolución do 29 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2023 (DOG nº 236 do 14/12/2022)  VI483A (concesión inicial) e VI483B (renovación).

OBXETO

Convócanse estas axudas para a anualidade 2023, con carácter plurianual.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Que a suma total das rendas anuais das persoas que teñan o seu domicilio habitual ou permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de alugamento, sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM.. O límite será de 4 veces o IPREM. no caso de que a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría xeral ou dentro dela haxa persoas con discapacidade ou vítimas de terrorismo.

RENDA DA VIVENDA

400 € para as vivendas situadas no resto de concellos, (Tomiño) zona territorial 2.

CONTIA E DURACIÓN DA AXUDA

Do 50 % da renda que deban satisfacer polo alugueiro da súa vivenda habitual e permanente.Duración da axuda, concederase anualmente e poderá acadar o prazo máximo de cinco anos. Non obstante, para poder desfrutar das anualidades do segundo e posteriores anos deberá solicitarse a renovación anual.

DOCUMENTACIÓN

Solicitude tramitación en liña. Procedemento VI483A. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.

Contrato de alugamento de vivenda formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro. O contrato que se presente deberá ter unha duración mínima dun ano e facer mención expresa á referencia catastral da vivenda arrendada.

Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da súa unidade de convivencia. As persoas integrantes da unidade de convivencia deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento na data da presentación da solicitude. Para estes efectos, recoñeceranse os certificados expedidos nos tres meses anteriores á data de presentación da solicitude. As persoas que figuren no xustificante de empadroamento conxunto deberán constar no anexo II.

Anexo II, de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia distintas da persoa solicitante e de comprobación dos datos necesarios para tramitación do procedemento.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

A solicitude e documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a solicitude e documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Comezará o 2 de xaneiro de 2023 e rematará o 5 de maio de 2023 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.