Campus, cursos e obradoiros. Verán 2022

Aproveita o verán coas actividades organizadas polo Concello de Tomiño

DEPORTE

Tenis. Xornada de portas abertas

REQUISITOS: Todos os públicos a partir de 4 anos.

 

DATA: Domingo 19 de xuño.

 

HORARIO: De 10.00 a 14.00 h. (Horarios conxuntos para grupos da mesma familia).

 

LUGAR: Pistas de tenis municipais – Mosteiro.

 

PREZO: De balde.

Se queres coñecer máis sobre o tenis practicándoo de forma divertida, reserva a túa praza de balde. Gozarás deste deporte da man de persoas tituladas do Club de Tenis Gondomar.

Curso de promoción do piragüismo

REQUISITOS: De 8 a 14 anos. Para poder participar é obrigatorio saber nadar.

 

DATAS: 1ª quenda: do 28 de xuño ao 7 de xullo.  //  2ª quenda: do 19 ao 28 de xullo.

 

HORARIO: Grupo A: martes de 17.00 a 18.00 h.  //  Grupo B: xoves de 17.00 a 18.00 h.

 

LUGAR: Sede do Club Deportivo Miño (Goián).

 

PREZO: De balde.

Impartido polo Club Deportivo Miño, o obxectivo é introducir ás persoas asistentes nesta práctica deportiva. Para poder participar é obrigatorio saber nadar.

Campus de skate

REQUISITOS: A partir de 6 anos.

 

DATAS: Do 4 ao 15 de xullo.

 

HORARIO:

  • Grupo A (de 6 a 15 anos): de luns a venres de 10.00 a 14.00 h.
  • Grupo B (a partir dos 16 anos): de luns a venres de 16.00 a 20.00 h.

 

LUGAR: Skate Park de Goián.

 

PREZO: 40€

O campamento “Vrán skate camp” será unha actividade deportiva de iniciación e perfeccionamento no skateboarding. Teranse tamén en conta certos valores que rodean ao skate, como son a convivencia, compañeirismo, esforzo e auto superación, coidado das instalacións… de modo que a rapazada se somerxa e interese nesta disciplina dunha forma respectuosa e divertida. Serán dúas semanas de campamento con clases catro horas cada mañá ou catro horas cada tarde para dous grupos de quince persoas separadas por idades.

Campus de fútbol feminino

REQUISITOS: De 6 a 16 anos.

 

DATAS: Do 4 ao 15 de xullo.

 

HORARIO: De luns a venres de 10.00 a 13.30 h.

 

LUGAR: Campo de fútbol do Alivio (Tomiño).

 

PREZO: 50€

O obxectivo deste campus de fútbol unicamente feminino é potenciar e promocionar aínda máis o deporte feminino entre a poboación, coa posibilidade de captar novas xogadoras que formen parte dun club organizado.

Campus mixto de fútbol

REQUISITOS: De 4 a 16 anos.

 

DATAS: Do 18 ao 29 de xullo.

 

HORARIO: De luns a venres de 10.00 a 13.30 h.

 

LUGAR: Campo de fútbol da Carballa (Tomiño) e campo de fútbol Lito Oliveira (Goián).

 

PREZO: 55€

Ten o obxectivo de introducir ás persoas interesadas neste deporte e, alén diso, cóntase cunha área formativa para educar en valores como o traballo cooperativo, fomento do respecto e prevención do acoso escolar.

Campus de tenis

REQUISITOS: De 5 a 17 anos (separados en grupos de idade: de 5 a 9 anos, de 9 a 13 anos e de 14 a 17 anos).

 

DATAS: Meses de xullo e agosto.

 

HORARIO: Luns, mércores, venres quendas de 10 a 11h, de 11 a 12h e de 12 a 13h.

 

LUGAR: Pistas de tenis do Mosteiro.

 

PREZO: 25€

Impartido por un profesional da materia en pistas municipais, o campus ten o obxectivo de introducir ás persoas interesadas neste deporte.

Campus de pádel

REQUISITOS: De 5 a 17 anos.

 

DATAS: Meses de xullo e agosto.

 

HORARIO: Martes e xoves de 10.30 a 11.30 h ou de 11.30 a 12.30 h.

 

LUGAR: Pistas de pádel do Mosteiro.

 

PREZO: 22€

Impartido por un profesional da materia en pistas municipais, este campus busca introducir ás persoas interesadas no pádel.

Campus de bádminton

REQUISITOS: De 6 a 16 anos.

 

DATAS: Do 1 ao 12 de agosto.

 

HORARIO: De luns a venres de 11.00 a 13.00 h.

 

LUGAR: Pavillón deportivo da Carballa.

 

PREZO: 40€

O bádminton require un esforzo individual físico e mental, mellorando nas persoas habilidades como a superación, disciplina ou confianza en si mesmas. Tamén xera un desenvolvemento psicomotor, que implica grandes grupos musculares. O nivel de aprendizaxe do campus é de iniciación destinada a nenos e nenas que pretendan introducirse no deporte ou que xa teñan certos coñecementos.

Campus de atletismo

REQUISITOS: A partir de 6 anos.

 

DATAS: Do 1 ao 5 de agosto.

 

HORARIO: De 10.00 a 13.00 h, con tres grupos dunha hora ou dous grupos de hora e media.

 

LUGAR: Pista de atletismo do Concello de Tomiño.

 

PREZO: 20€

Impartido pola Sociedade Atlética Trega. O obxectivo é introducir ás nenas e nenos asistentes nesta práctica deportiva e iniciar ao atletismo mediante o traballo das habilidades motrices de cada especialidade (carreiras, saltos e lanzamentos).

Ioga integral para nenos e nenas

REQUISITOS: De 6 a 12 anos.

 

DATAS: Do 2 ao 30 de agosto.

 

HORARIO:

  • Grupo A (de 6 a 8 anos): martes e xoves de 12.00 a 13.00 h.
  • Grupo B (de 9 a 12 anos): martes e xoves de 10.30 a 11.30 h.

 

LUGAR: Espazo Fortaleza de Goián.

 

PREZO: 12€

O ioga integral na infancia pode resultar moi beneficioso: a nivel físico aumenta a tonicidade muscular, a axilidade, a flexibilidade, a capacidade pulmonar e o equilibrio; a nivel mental facilita a capacidade de concentración; e a nivel emocional ensina a recoñecer e expresar as emocións.

INFANCIA E MOCIDADE

Curso de fotografía

REQUISITOS: A partir de 12 anos.

 

DATAS: Do 12 ao 26 de xullo.

 

HORARIO: Martes e xoves de 09.00 a 14.00 h.

 

LUGAR: Goián.

 

PREZO: 15€

En diferentes sesións, este curso abordará a técnica fotográfica co obxectivo de adquirir os coñecementos básicos de xeito teórico e, sobre todo, práctico. Trataranse aspectos como a luz, a obturación, a velocidade, a sensibilidade. Con estes elementos e outros que axuden á composición practicarase para aprender o funcionamento dunha cámara de fotos.

Evento de gaming Tomiño Gamer

REQUISITOS: A partir de 12 anos.

 

DATAS: Domingo 17 xullo.

 

HORARIO: Todo o día.

 

LUGAR: Goián.

 

PREZO: 20€

No mellor momento do gaming, racharemos co debate de se os videoxogos son ou non cultura. Poñerase en valor o gaming como motor económico e social trala súa importancia durante o confinamento e descubrirase a parte educativa de certos videoxogos. Durante unha xornada intensiva de convivencia levaranse a cabo actividades relacionadas co mundo dos videoxogos: conferencias, actividades e competicións.

Campamento urbano

REQUISITOS: De 3 a 17 anos (separación por grupos de idade).

 

DATAS: Do 18 ao 29 de xullo.

 

HORARIO: De luns a venres de 09.00 a 14.00 h.

 

LUGAR: Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán.

 

PREZO: 60€

Tomiño acolle un campamento urbano de verán onde desenvolver as capacidades tecnolóxicas, artísticas e cívicas, aprender a respectar o medio ambiente e adquirir pautas para desfrutar dunha vida saudable. Traballarase a área tecnolóxica (programación, robótica, deseño e impresión 3D, aeromodelismo, drons, modelismo espacial), artística (debuxo técnico, artístico, pintura ao óleo, acrílicos, manualidades, teatro), deportiva (actividade física e axilidade mental), sanitaria (primeiros auxilios) e de idiomas (galego e inglés).

Obradoiro de vídeo mapping

REQUISITOS: A partir de 12 anos.

 

DATA: Sábado 23 xullo

 

HORARIO: De 11.30 a 13.30 h e de 19.00 a 21.00 h. Proxeccións de vídeo mapping ás 22.30 h.

 

LUGAR: Salón de plenos do Concello.

 

PREZO: 20€

Dende Navarra e a bordo da súa máquina voadora chega a Tomiño o artista visual Miguel Martínez Caraballo para impartir un obradoiro de vídeo mapping; a arte de usar proxeccións de vídeo e luz sobre calquera superficie convertendo obxectos comúns en escenarios dinámicos tridimensionais con efectos visuais realmente atractivos. Esta técnica é moi usada en edificios por iso mapearase a fachada do concello, realizarase o modelado cun programa de deseño 3D e xeraranse as imaxes cun software de vídeo mapping para que os obxectos cobren vida. Vén probar e proxecta as túas creacións!

Obradoiro de canto: Operación Triunfiño en Tomiño

REQUISITOS: A partir de 12 anos.

 

DATAS: 27 e 28 de xullo.

 

HORARIO: Mércores e xoves de 10.00 a 12.00 e de 12.30 a 13.30 h.

 

LUGAR: Goián.

 

PREZO: 15€

Da man de Mónica de Nut, a mocidade asistente a este obradoiro recibirá formación en técnica vocal, actitude escénica e repertorio. Vai crearse unha peza colectiva a coro e unha individual por participante con acompañamento gravado para a realización dunha actuación final coa artista.

 

Concerto na sesión vermú do domingo 31 de xullo ás 12.00 h na praza Pintor Antonio Fernández de Goián, con ensaio previo.

Campamento musical

REQUISITOS: De 3 a 12 anos.

 

DATAS: Do 16 ao 26 de agosto.

 

HORARIO: De luns a venres de 10.00 a 14.00 h.

 

LUGAR: Auditorio de Goián.

 

PREZO: 1 semana 30€ // 2 semanas 45€ (Unha ou dúas semanas segundo demanda).

Desenvolvido pola Agrupación Musical de Goián, o obxectivo será realizar actividades lúdico-formativas relacionadas coa música. A infancia asistente poderá probar instrumentos e coñecer a banda do seu municipio.

 

As persoas socias da Agrupación Musical de Goián terán unha bonificación do 50%

Curso de iniciación ao lettering

REQUISITOS: A partir de 12 anos.

 

DATAS: Do 14 de setembro ata o 19 de outubro.

 

HORARIO: Todos os mércores de 19.00 a 21.00 h.

 

LUGAR: Goián.

 

PREZO: 15€, material incluído.

O lettering é a arte de crear composicións con letras derivadas. As persoas que se apunten terán a oportunidade de iniciarse no mundo desta disciplina, conseguindo manexar as primeiras ferramentas para personalizar tarxetas de felicitación, portadas de traballos, letreiros… Adquirirán os coñecementos necesarios para o desenvolvemento de pezas gráficas axustándose ás regras básicas da composición.

Obradoiro de robótica

REQUISITOS: A partir de 12 anos.

 

DATA: Sábado 17 setembro.

 

HORARIO: De 11.30 a 13.00 h.

 

LUGAR: Tomiño.

 

PREZO: 10€

Mediante a utilización de diferentes recursos: robótica con Lego Mindstrom EV3, a mocidade participante iniciarase de xeito sinxelo e divertido na construción e programación de robots que contan coa súa placa controladora, motores e sensores de varios tipos e que programarán aprendendo a controlar os movementos e accións do robot.

Constrúe o teu futuro coa metodoloxía lego® serious play®

REQUISITOS: A partir de 16 anos.

 

DATA: Sábado 24 setembro.

 

HORARIO: De 10.30 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 h.

 

LUGAR: Goián.

 

PREZO: 15€

Obradoiro fundamentalmente práctico e vivencial cunha metodoloxía lego® serious play® baseada no poder do coñecemento que xorde da conexión entre as mans e a mente. O método LEGO® SERIOUS PLAY® céntrase no principio de que todas as persoas temos algo único e valioso que achegar. Baséase en investigacións profundas realizadas nas áreas de negocios, desenvolvemento organizativo, psicoloxía e aprendizaxe.

BONIFICACIÓNS:

  • As persoas que entreguen informe favorable do departamento de Servizos Sociais do concello de Tomiño terán unha bonificación do 50% ou dereito a asistir de xeito gratuíto a todas as actividades que se ofertan na campaña de deportes de 2022.
  • Os nenos e nenas empadroadas no concello de Tomiño que sexan irmáns e participen xuntos/as na mesma actividade terán unha bonificación a maiores de 5 euros por cada neno/a.
  • As persoas voluntarias do concello de Tomiño terán unha bonificación do 50% en todas as actividades.
  • Os socios e socias da Agrupación Musical de Goián terán unha bonificación do 50% no campamento musical.

NOTA:

Todos os e as menores de idade precisarán autorización materna, paterna ou do titor/a legal.

En todos os cursos ofertados requírese un mínimo de 15 persoas para que se leven a cabo. Para máis información chamar ao 986 622 001/02/03 e/ou mandar un correo electrónico a omix@tomino.gal. As inscricións realizaranse a través dun formulario que está dispoñible no seguinte botón.