REQUISITOS: de 5 a 17 anos
DATA: Luns 03 de xullo ata mércores 30 de agosto
HORARIO: luns, mércores en quendas de 10h a 11h / de 11h a 12h / de 12h a 13h e os venres en quendas de 17h a 18h / de 18h a 19h / de 19h a 20h
LUGAR: Pistas de tenis municipais – Mosteiro
PREZO: 20€/mes
Impartido por un profesional da materia en pistas municipais, o campus ten o obxectivo de introducir ás persoas interesadas neste deporte.
REQUISITOS: de 5 a 15 anos *pode modificarse a idade segundo demanda
DATA: Do 03 ao 12 de xullo
HORARIO: luns e mércores de 11h a 12.30h
LUGAR: Pavillón de Goián
PREZO: 12€
Impartido por un profesional da materia, o campus ten o obxectivo de introducir ás persoas interesadas neste deporte.
REQUISITOS: De 5 a 17 anos.
DATAS: Do 04 de xullo ao 31 de agosto
HORARIO: Martes e xoves de 10.30 a 11.30 h e de 11.30 a 12.30 h.
LUGAR: Pistas de pádel do Mosteiro.
PREZO: 25€/mes
Impartido por un profesional da materia en pistas municipais, este campus busca introducir ás persoas interesadas no pádel.
REQUISITOS: A partir de 18 anos. Para poder participar é obrigatorio saber nadar.
DATAS: 1ª quenda: martes, 4 e 11 de xullo // 2ª quenda: martes, 1 e 8 de agosto
HORARIO: de 11h a 13h
LUGAR: Club Deportivo Miño – Río Miño Goián
PREZO: 40€ por quenda/persoa
(20€ se só poden asistir un día)
Impartido polo Club Deportivo Miño, o obxectivo é introducir ás persoas asistentes nesta práctica deportiva. Para poder participar é obrigatorio saber nadar.
REQUISITOS: Nenas de 6 a 16 anos.
DATAS: Do 4 ao 14 de xullo.
HORARIO: De 9h a 13.30h
LUGAR: Campo de fútbol do Alivio (Tomiño).
PREZO: 55€
O obxectivo deste campus de fútbol unicamente feminino é potenciar e promocionar aínda máis o deporte feminino entre a poboación, coa posibilidade de captar novas xogadoras que formen parte dun club organizado.
REQUISITOS: A partir de 18 anos. Obrigatorio saber nadar
DATAS: 1ª quenda: xoves, 6 e 13 de xullo // 2ª quenda: xoves, 3 e 10 de agosto
HORARIO: de 11h a 13h
LUGAR: Club Deportivo Miño – Río Miño Goián
PREZO: 40€ por quenda/persoa (20€ se só poden asistir un día)
Mergúllate nunha experiencia única na auga e disfruta dunha actividade emocionante mentres exerces o teu corpo e a túa mente. Únete ao noso curso de Paddle Surf para persoas adultas e aprende co noso equipo de expertos.
REQUISITOS: A partir de 6 anos
DATAS: Do 17 ao 31 de xullo
HORARIO:
LUGAR: SkatePark de Goián.
PREZO: 50€
O campamento “Vrán skate camp” será unha actividade deportiva de iniciación e perfeccionamento no skateboarding. Teranse tamén en conta certos valores que rodean ao skate, como son a convivencia, compañeirismo, esforzo e auto superación, coidado das instalacións… de modo que a rapazada se somerxa e interese nesta disciplina dunha forma respectuosa e divertida. Serán dúas semanas de campamento con clases catro horas cada mañá ou catro horas cada tarde para dous grupos de quince persoas separadas por idades.
REQUISITOS: De 4 a 16 anos
DATAS: Do 17 ao 28 de xullo
HORARIO: De luns a venres de 09.30h a 13.30h
LUGAR: A escoller entre Campo de fútbol “A Carballa” (Tomiño) ou campo de fútbol “Lito Oliveira” (Goián)
PREZO: 55€
Ten o obxectivo de introducir ás persoas interesadas neste deporte e, alén diso, cóntase cunha área formativa para educar en valores como o traballo cooperativo, fomento do respecto e prevención do acoso escolar.
REQUISITOS: De 6 a 16 anos
DATAS: Do 31 de xullo ao 11 de agosto
HORARIO: De luns a venres de 11.00h a 13.00h
LUGAR: Pavillón Polideportivo da Carballa
PREZO: 45€
O bádminton require un esforzo individual físico e mental, mellorando nas persoas habilidades como a superación, disciplina ou confianza en si mesmas. Tamén xera un desenvolvemento psicomotor, que implica grandes grupos musculares. O nivel de aprendizaxe do campus é de iniciación destinada a nenos e nenas que pretendan introducirse no deporte ou que xa teñan certos coñecementos.
REQUISITOS: A partir de 6 anos e sen límite de idade
DATAS: Do 31 de xullo ao 04 de agosto
HORARIO: De luns a venres de 10.30h a 13h (3 grupos dunha hora ou dous grupos dunha hora e media)
LUGAR: Pista de atletismo do Concello de Tomiño.
PREZO: 20€
Impartido pola Sociedade Atlética Trega. O obxectivo é introducir ás nenas e nenos asistentes nesta práctica deportiva e iniciar ao atletismo mediante o traballo das habilidades motrices de cada especialidade (carreiras, saltos e lanzamentos).
REQUISITOS: De 6 a 12 anos.
DATAS: Do 01 ao 31 de agosto.
HORARIO:
LUGAR: Espazo Fortaleza de Goián.
PREZO: 12€
O ioga integral na infancia pode resultar moi beneficioso: a nivel físico aumenta a tonicidade muscular, a axilidade, a flexibilidade, a capacidade pulmonar e o equilibrio; a nivel mental facilita a capacidade de concentración; e a nivel emocional ensina a recoñecer e expresar as emocións.
REQUISITOS: De 3 a 12 anos (separación por grupos de idade).
DATAS: Do 03 ao 31 de xullo.
HORARIO: De luns a venres de 9h a 14h (posibilidade de asistir só medio mes)
LUGAR: Nas instalacións do colexio Pedro Caselles Beltrán
PREZO: 90€ (ou 60€ medio mes)
O obxectivo xeral deste campamento inclusivo é transmitir que a natureza e as persoas son o centro da vida e que, grazas a isto, a vida é posible.
REQUISITOS: A partir de 12 anos
DATAS: Do 04 ao 27 de xullo
HORARIO: Martes e xoves de 11h a 12h
LUGAR: Fortaleza de Goián
PREZO: 25€
Descubre a harmonía entre o corpo e a mente mentres aprendes Tai Chi Chuan con Abano no noso curso de iniciación. Rexístrate agora e comeza o teu camiño cara a unha vida máis equilibrada e saudable!
REQUISITOS: De 3 a 12 anos
DATAS: Do 21 de agosto ao 2 de setembro (Unha ou dúas semanas a escoller)
HORARIO: De luns a venres de 10h a 14h
LUGAR: Auditorio de Goián
PREZO: 1 semana 30€ (socias banda 15€) // 2 semanas 45€ (socias banda 25€)
Impartido por profesionais da Agrupación Musical de Goián.
A través de actividades lúdicas, a infancia participante coñecerá diferentes composicións musicais creadas por mulleres, achegándose ás súas biografías e traxectorias profesionais. Todo isto configurado como “viaxes temáticas” mediante distintas actividades onde a finalidade principal é gozar coa música. Realizaranse actividades e obradoiros variados.
Todos os e as menores de idade precisarán autorización materna, paterna ou do titor/a legal.
En todos os cursos ofertados requírese un mínimo de 15 persoas para que se leven a cabo. Para máis información chamar ao 986 622 001/02/03 e/ou mandar un correo electrónico a omix@tomino.gal. As inscricións realizaranse a través dun formulario que está dispoñible no seguinte botón.