REQUISITOS: de 5 a 17 anos
DATA: Meses de xullo e agosto
HORARIO: De 10h a 13h (unha hora cada grupo segundo a idade) todos os luns, mércores e venres.
LUGAR: Pistas Municipais de Tenis do Mosteiro (Tomiño)
PREZO: 25€ por persoa
Impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir á infancia e adolescencia interesada neste deporte, durante os meses de xullo e agosto.
REQUISITOS: De 6 a 16 anos
DATAS: Do 2 de xullo ata o 29 de agosto
HORARIO: Martes e xoves de 10.30h a 12.30h
LUGAR: Área Deportiva do Mosteiro (Tomiño)
PREZO: 25€ por persoa
Impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de ensinar os aspectos técnico-tácticos deste deporte de xeito divertido, mediante exercicios de curta duración e moita variedade.
REQUISITOS: De 8 a 14 anos
DATAS:
GRUPO 1: 2, 4, 9 e 11 de xullo
GRUPO 2: 6, 8, 13 e 15 de agosto
HORARIO: Martes e xoves de 17h a 18.30h
LUGAR: Club Deportivo Miño – Goián
PREZO: 20€ por persoa
Ten como o obxectivo coñecer o río e introducir ás persoas participantes na práctica do piragüismo.
REQUISITOS: A partir de 18 anos. Obrigatorio saber nadar
DATAS: 11 de xullo e 8 de agosto
HORARIO: de 10.30h a 13h
LUGAR: Club Deportivo Miño (Goián)
PREZO: 25€ por persoa/día
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer o paddle surf e o río como una actividade segurapara todas aquelas persoas maiores de idade que queiran iniciarse. E ademais, as participantes poderán coñecer o Club Deportivo Miño e así facer uso del cando queiran
REQUISITOS: De 6 a 12 anos
DATAS: Do 19 ao 30 de agosto
HORARIO: De luns a venres de 10h a 14h
LUGAR: Pavillón Municipal de Goián (Tomiño)
PREZO: 55€ por persoa
Neste campus pretendemos potenciar o desenvolvemento integral de cada participanted, para acadar o máximo grado nas súas capacidades físicas, intelectuais e socio-emocionais. Fomentaremos a aprendizaxe personalizada e realizaremos actividades específicas de patinaxe, culturais e lúdicas que permitan ocupar dun xeito educativo o tempo libre dos nenos e nenas.
REQUISITOS: De 4 a 16 anos
DATAS: Do 15 de xullo ao 26 de xullo
HORARIO: De luns a venres de 9.30h a 13.30h
LUGAR: A escoller entre Campo de fútbol “A Carballa” (Tomiño) ou campo de fútbol “Lito Oliveira” (Goián)
PREZO: 60€ por persoa (equipaxe incluída)
Levarase a cabo no campo de fútbol A Carballa” (Tomiño) e no campo de fútbol “ Lito Oliveira” (Goián). Ten o obxectivo de introducir ás persoas interesadas neste deporte e, alén diso, cóntase cunha área formativa para educar en valores tales como o traballo cooperativo, o fomento do respecto, a prevención do acoso escolar etc.
REQUISITOS: A partir de 6 anos
DATAS: Do 5 ao 9 de agosto
HORARIO: De luns a venres de 10.30h a 13h
LUGAR: Pista de Atletismo do Mosteiro (Tomiño)
PREZO: 25€ por persoa (camiseta incluída)
Impartido pola Sociedad Atlética Tegra. O obxectivo é introducir ás nenas e nenos asistentes nesta práctica deportiva e iniciar ao atletismo mediante o traballo das habilidades motrices de cada especialidade (carreiras, saltos e lanzamentos) e realizar traballo específico de tecnificación de cada especialidade para atletas con coñecementos máis avanzados.
OXECTIVOS: mellorar o estado físico e experimentar os beneficios da risa e do ioga para a saúde
REQUISITOS: A partir de 18 anos e sen límite de idade.
DATAS: 5, 12, 19 e 26 de agosto
HORARIO: De 10h a 11.15h
LUGAR: Casa Salgosa (Tomiño)
PREZO: 20€ por persoa
Curso destinado a persoas adultas. Obradoiros divertidos, participativos e relaxantes onde se practicarán os tres R: rir, respirar, relaxar.
REQUISITOS: A partir de 18 anos. Obrigatorio saber nadar
DATAS: 9 de xullo e 6 de agosto
HORARIO: De 10.30h a 13h
LUGAR: Club Deportivo Miño (Goián)
PREZO: 25€ por persoa/día
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer o piragüismo e o río como una actividade segura para todas aquelas persoas maiores de idade que queiran iniciarse. E ademais, as participantes poderán coñecer o Club Deportivo Miño e así facer uso del cando queiran.
REQUISITOS: De 6 a 12 anos
DATAS: Do 1 ao 12 de xullo
HORARIO: De luns a venres de 9h a 14h
LUGAR: Pavillón Municipal de Goián (Tomiño)
PREZO: 60€ por persoa (equipaxe incluída)
Impartido polo Club Sociedade Deportiva Atlético Valinox Novás, exemplo de superación e educación en valores deportivos. Introdución á práctica de balonmán. Os nenos e nenas participantes pasarán un bo rato mentres melloran a súa coordinación e precisión.
REQUISITOS: De 6 a 14 anos
DATAS: Do 8 ao 12 de xullo
HORARIO: De 10.30h a 13.30h
LUGAR: Ximnasio do IES Antón Alonso Ríos
PREZO: 25€ por persoa
Impartido por Acro Club Gondomar. Introdución ás actividades de ximnasia acrobática dende unha visión lúdica e recreativa para que as persoas asistentes podan achegarse a este deporte.
REQUISITOS: De 6 a 12 anos
DATAS: 1, 2, 5, 6, 7, 8, 9, 12, 13 e 14 de agosto
HORARIO: De luns a venres de 10h a 12h
LUGAR: Pavillón Municipal de Goián (Tomiño)
PREZO: 50€ por persoa
O Kung Fu é unha arte marcial, unha disciplina deportiva que promove a paz, a solidariedade, o autocoñecemento e o autocontrol, entre outras cousas. Coa práctica deste deporte fomentamos valores como a disciplina e o respecto. Promove a madurez emocional e mellora as cualidades físicas e coordinativas.
REQUISITOS: De 3 a 12 anos
DATAS: Mes de xullo
HORARIO: De luns a venres de 9h a 14h
LUGAR: CEP Pedro Caselles Beltrán. Mosteiro (Tomiño).
PREZO: 100 euros persoa/mes ou 60 euros persoa/quincena.
Terán preferenza as persoas que demanden todo o mes.
Neste campamento traballaremos o coidado á Terra e o bo trato entre as persoas. Educaremos á infancia para crear unha sociedade máis xusta e igualitaria. Fomentaremos a importancia de compartir, poñeremos en valor a diversidade, a inclusión, o respecto, o bo trato e o traballo colaborativo. Irán da man a educación e a diversión.
REQUISITOS: De 3 a 12 anos
DATAS: Do 19 ao 30 agosto
HORARIO: De luns a venres de 10h a 14h
LUGAR: Auditorio Multiusos de Goián (Tomiño)
PREZO: 30€ por persoa unha semana//50€ por persoa dúas semanas
Impartido por profesionais da Agrupación Musical de Goián.
A través de actividades lúdicas, a infancia participante coñecerá diferentes composicións musicais creadas por mulleres, achegándose ás súas biografías e traxectorias profesionais.
Todos isto configurado como “viaxes temáticas” mediante distintas actividades onde a finalidade principal é gozar coa música. Realizaranse actividades e obradoiros variados:
Todos os e as menores de idade precisarán autorización materna, paterna ou do titor/a legal.
En todos os cursos ofertados requírese un mínimo de 15 persoas para que se leven a cabo. Para máis información chamar ao 986 622 001/02/03 e/ou mandar un correo electrónico a omix@tomino.gal. As inscricións realizaranse a través dun formulario que está dispoñible no seguinte botón.