Club de Lectura Xuvenil 2022

Dende a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) e a través do noso programa de voluntariado local, este día do libro de 2022 queremos ofertar un CLUB DE LECTURA DE BALDE que terá lugar os primeiros venres de cada mes en horario de 16.30h a 17.30h

A mocidade de 18 a 35 anos vai realizar lecturas de diferentes temáticas, moi interesantes para o público xuvenil. As persoas voluntarias a cargo desta actividade van fomentar o uso da lingua galega, a lectura e o pensamento crítico.

Levarase a cabo na OMIX de Tomiño dende maio ou xuño de 2022 ata final de ano. Prazas limitadas.

O prazo de inscrición finalizou