17 Nov Concerto de Inverno da Coral Polifónica de Tomiño, o vindeiro domingo na Casa da Cultura
- A función comezará ás oito da tarde e terá coma convidada á Coral Val do Fragoso
A Coral Polifónica de Tomiño ofrecerá o vindeiro domingo, 20 de novembro, o Concerto de Inverno, dirixida por David González. Organizado en colaboración co Concello de Tomiño, o evento terá lugar na Casa da Cultura a partir das 20.00 horas, e contará coa actuación, coma convidada, da Coral Polifónica Val do Fragoso.
O programa será o seguinte:
Coral Polifónica Val do Fragoso:
. Cantiga do can
. ¿Dónde vas pescador?
. Si la nieve resbala
. Ojos de mar.
Coral Polifónica de Tomiño:
. Una lágrima
. La bella Lola
. Compañeira
. Hermosa
. Siyahamba