Curso de autodefensa feminista (2022)

A defensa persoal feminina, ademais de ser un ben social en termos de mellora da saúde, vitalidade e reforzo das capacidades e habilidades da muller, constitúe un reto en termos de ensinarlle á muller a como protexer a súa integridade a través de técnicas específicas de defensa persoal nun ambiente seguro, próximo e cálido.
A Autodefensa Feminista é un elemento indispensable de protección e loita contra a violencia machista.

Data de inicio: venres 4 de marzo

Horario: venres de 17h a 18.30h OU sábados de 10.30h a 12h (horario a escoller)

Idade: a partir de 12 anos

Lugar: Tomiño

Prezo: 10€

Data de finalización: 28 de maio