Curso de chinés básico 2019

O concello leva anos apostando polos cursos de idiomas, que sempre teñen aceptación e demanda entre a poboación. Ademais de que aprender outra lingua amplía as nosas habilidades comunicativas e axúdanos a introducirnos noutra cultura (o curso será impartido por unha profesora nativa), o coñecemento da mesma tamén pode abrirnos portas a nivel laboral.

O alumnado asistente adquirirá coñecementos básicos comunicativos na lingua chinesa: comprensión auditiva, lectiva, expresión verbal e escrita. Dirixido a persoas sen coñecementos previos na lingua.

  • Duración: 50 horas.
  • Inicio: do 14 de febreiro ao 20 de xuño.
  • Horario: xoves de 19h a 21.30h.

Formulario de inscrición

X