Curso de corte e confección 2023

Nesta actividade, os participantes achegaranse ao mundo do téxtil, podendo iniciarse sen coñecementos previos na materia e acabar realizando os seus propios deseños.

 

Actividades:

  • FÍO E AGULLA: Comézase dende cero, aprendendo diferentes tipos de puntadas existentes e practicando as mesmas
  • REMENDOS: Unha vez dominada a agulla o seguinte paso e coñecer as diferentes técnicas de remendos, como arranxar baixos, cremalleiras, botóns…
  • MÁQUINA DE COSER: Utilización de máquinas de coser de diferentes tipos
  • PATRONAXE: Realización de patróns para elaboración de pezas propias.

 

 

DATAS: Do 25 de febreiro ao 1 de abril

HORA: Todos os sábados, de 10.00h a 13.00h

LUGAR: Espazo Mercado de Goián

PREZO: 20€ ao mes

A partir de 12 anos