Curso de costura

Este curso está pensado para todas aquelas persoas que pretendan adquirir as destrezas manuais básicas para facer proxectos téxtiles con máquina de coser (cadaquén levará a súa). A metodoloxía é totalmente práctica e traballarase por proxectos para ir pouco a pouco adquirindo destreza e coñecementos de técnicas, tecidos e materiais. Cada sesión está pensada para levar a casa un proxecto feito.

 

Temporalización: Sábados 28 de setembro, 5, 19, 26 outubro e 2, 9 de novembro.

Horario:

GRUPO 1 “ CURSO BÁSICO DE USO DE MÁQUINA E INICIACIÓN Á COSTURA” (15 prazas); de 11h a 14.30h. Non son necesarios coñecementos previos.

GRUPO 2 “CURSO DE COSTURA E PATRONAXE” (20 prazas); de 15.30h a 19h. Necesario saber utilizar a máquina de coser.

Lugar: Praza Cultura (Goián).

Prezo: 20,00€ (material non incluído, a persoa terá que aportar máquina de coser, teas e costureiro básico)

Duración: 21h