Curso de elaboración de compostaxe orgánica no centro San Xerome de A Guarda A acción formativa, dentro do proxecto "XE-mente", terá lugar entre o 20 de maio e o 6 de xuño

O Centro de Formación San Xerome de A Guarda, celebra entre o 20 de maio e o 6 de xuño, un curso gratuito de Elaboración de Compostaxe Orgánica, destinado a personas desempregadas.

A acción, de balde, forma parte do proxecto “XE-mente: As Sementes da Diversidade”, e é cofinanciada polo FSE.

O curso terá unha duración de 45 horas, con teoría, práctica e visitas a empresas. As prazas son limitadas (12 persoas) e as clases terán lugar no propio centro (rúa Galicia, 23. A Guarda).

Máis información e inscricións: teléfono 656 565 630 ou correo electrónico: xemente@sanxerome.com