Curso de iniciación á guitarra – 2022

curso_iniciacion_guitarra_2022

Para realizar este curso non é preciso ter ningún coñecemento musical previo. Unha parte do contido da formación está baseada no método “Rock School of London”, coa autorización de dZetta Music Center Vigo, escola á que pertence o docente. O alumnado recibirá formación sobre acordes, modos, harmonía moderna aplicada ao instrumento, técnica etc. Malia que este método está máis pensado para guitarra eléctrica, pódese adaptar á clásica ou acústica. Curso impartido polo tomiñés Andrés “Tito” (Heissel).

Data de inicio: mércores 2 de febreiro

Data de finalización: mercóres 20 de abril

Horario: todos os mércores de 19h a 20.30h

Idade: a partir de 12 anos

Lugar: Espazo de Goián

Prezo: 20€