Curso de monitor/a de tempo libre (2022) – TÍTULO OFICIAL

A finalidade desta acción formativa é que as persoas maiores de idade consigan a titulación de monitor/a de lecer e tempo libre homologada pola Xunta de Galicia para, deste xeito, poder traballar en campamentos, ludotecas, empresas de lecer, concellos etc.

Data de inicio: sábado 5 de marzo

Horario presencial: sábados e domingos de 9h a 14h e de 15.30h a 20.30h, dende o sábado 5 de marzo ao domingo 10 de abril

Horario online: 7, 8, 11, 18, de marzo e 4, 7, 8, 11 de abril (haberá liberdade de conexión segundo dispoñibilidade de cada un/ha).

Idade: a partir de 18 anos e con estudos de graduado escolar, ESO ou equivalente

Lugar: Escola Obradoiro de Goián

Prezo: 196€ por persoa se son cubertas todas as prazas

Data de finalización: 10 de abril

Duración: 350h (150h prácticas)