Curso online de técnicas de estudo

Dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato, Ciclos formativos, Universidade, persoas opositoras e profesionais que desexen aprender dun XEITO EFICAZ.

Ten como obxectivo principal a adquisición dunha serie de habilidades, técnicas e hábitos de estudo que permitan ao estudantado:

– Acadar mellores resultados.
– Desfrutar aprendendo.
– Economizar tempo para outras actividades.

CONTIDO DO CURSO:
– Fixación de metas ou obxectivos.
– Preparación persoal e ambiental para o estudo.
– Organización e planificación do tempo de estudo.
– Técnicas de memoria.
– Probas de autoavaliación e exames.
– Autoestima e motivación.

DATAS: do 13 de outubro ao 10 de novembro (agás o festivo do 1 de novembro)

HORARIO: de luns a venres de 19h a 20.30h (duración 30 horas)

PREZO: 15 euros.

INSCRICIÓN: www.tomino.gal