CURSO ONLINE DE VIDEOXOGOS EDUCATIVOS E PLATAFORMAS PARA VIDEOXOGAR

curso-videoxogos-educativos

Contido do curso.

Videoxogos positivos: falaremos dos cambios nos videoxogos nos últimos anos, e como estes inflúen actualmente na sociedade, repasaremos os tipos que existen, ferramentas para a socialización dentro destes e dos perigos que pode ter este mundo dixital. Temporalización: 2 horas.

Plataformas para videoxogar: Neste curso coñeceremos os diferentes métodos de comunicación social nos videoxogos, e aprenderemos a utilizar “Discord” ( unha das plataformas que máis se utiliza actualmente). Crearemos o noso servidor propio e traballaremos con esta aplicación descubrindo todas as súas utilidades comunicativas.

Metodoloxía: o curso realizarase a través de zoom, enviarase os participantes un correo coa ligazón a canle.

 

Temporalización e horario: Sábado 20 e o domingo 21 de marzo, de 17:00 as 19:00 horas cada día.

 

Duración: 4h.

 

Prezo: 10€.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

O formulario esta pechado porque xa rematou o tempo de inscrición.