Curso para sacar o carné de manipulador de produtos fitosanitarios (Vigo) O Concello proxecta organizar un módulo similar a mediados do mes de outubro en Tomiño

A empresa Mega Formación organiza en Vigo un curso para a obtención do carné de manipulador de produtos fitosanitarios.

Este curso está destinado a persoas desempregadas, principalmente a agricultores, xardineiros, almaceneiro, vendedores e distribuidores.

(Traballadores en activo poden participar sempre e cando queden prazas vacantes).

Curso gratuíto 

Datas: Están previstos varios cursos en Vigo (Calvario ou Torrecedeira) – datas aínda sen confirmar.

Duración: 25 horas (5 días a 5 horas de 09:00-14:00 horas).

Nº de alumnos por curso: 15.

O alumnado recibirá un certificado homologado pola Xunta de Galicia, posteriormente o carné oficial.

 

As persoas interesadas poden poñerse en contacto co centro: Mega Formación Tel. 986 23 31 94 .

O Carné é obrigatorio para todo o persoal que manipule produtos fitosanitarios; tanto se se trata do persoal das empresas que prestan servizos de tratamento con praguicidas ou de aplicadores profesionais, como nos casos en que o tratamento é realizado polo propio agricultor na súa explotación.

Por outra banda, o Concello organizará, probablemente para o mes de outubro, un curso similar a este en Tomiño, sempre e cando se reúna alumnado suficiente.

As persoas interesadas no curso que terá lugar en Tomiño poden chamar directamente ao Concello de Tomiño (teléfono 986 622 001) en horario de mañá (Departamento de desenvolvemento local).