“Dara”, o neno saharaui que visita Tomiño este verán, foi recibido hoxe polo goberno local

É o segundo de catro irmáns, fala galego e castelán e gústalle a praia, a piscina, o fútbol, o churrasco e tocar o bombo

O seu nome é Adahsalama pero todos o coñecen coma “Dara”, porque é máis fácil de pronunciar e recordar.

Ten 12 anos e este é o terceiro verán que pasa as súas vacacións en Tomiño; máis concretamente, en Sobrada, na casa de Emilia Acuña Domínguez.

Chegou o 15 de xullo e marcha dentro dunha semana. Este mediodía foi recibido no Concello pola alcaldesa e resto de concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local. Acompañado por dúas amigas e veciñas, Jéssica e Idaira, recibiu os agasallos: una mochila e un libro de Geronimo Stilton.

Durante a entrevista, quedou claro que Dara fala castelán e galego de forma correcta.

O feito de poder comunícase diariamente por whatsapp coa súa nai e a proximidade da data de regreso, inflúen para que non queira volver aínda aos campamentos.

Cando lle preguntan que é o que máis lle gusta de Tomiño, a súa nai de acollida responde que lle encanta o churrasco, a praia, a piscina, o fútbol e tocar o bombo.