Aquí están recollidas centos de frases galegas. Agora é o momento de VOTAR as QUINCE que MÁIS vos GUSTEN (podes votar como mínimo unha e como máximo quince).
Co resultado, estamparemos as palabras en “tote bags”, bolsas de tecido 100% algodón. Haberá CINCO MODELOS DIFERENTES que repartiremos DE BALDE durante o mes de maio co gallo do Día das Letras Galegas. As “tote bags” serán repartidas a través dos comercios locais ao realizar unha compra.
Data límite para votar: ata o 6 de maio ás 12:00 h.