A través dunha experiencia personalizada e única, Skeirrum, cooperativa galega de “Street Escapes” personalizadas, as persoas inscritas nesta actividade poderán gozar do deseño, organización e execución de XOGOS DE ESCAPISMO adaptados ao centro de Tomiño, para conmemorar deste xeito o DÍA DO ORGULLO. Atrévete a vivir unha experiencia única e enriquecedora chea de desafíos e enigmas apaixonantes.
Temporalización: Venres 28 de xuño.
Horario: de 20h a 22h
Lugar: Centro de Tomiño (rúas, prazas, parques…)
Prezo: 15,00€
Duración: 2 horas.