Escola Municipal de Teatro 2021

A Escola Municipal de Teatro inicia un novo curso para achegar a nenos e nenas e mocidade ao mundo teatral ao tempo que se estimulan as capacidades creativas, se fomenta o traballo en equipo ou se melloran os recursos comunicativos, entre outros. Combínanse a expresión dramática coa creación, ensaio e posta en escena dunha obra.

Grupo de 4 a 8 anos:

  • Horario: luns de 17:30 a 18:45 h.
  • Lugar: Auditorio de Goián.
  • Prezo: 15 euros/mes.