Presentámosvos o evento FAMILIAS EN FESTA, que se levará a cabo o día 28 de agosto en horario de 16.30 a 22.30 h no interior da FORTALEZA DE GOIÁN e na praza Pintor Antonio Fernández de Goián.
Este día está centrado nas crianzas entre 0 e 12 anos e súas familias, quen poderán desfrutar de actividades e concertos de balde durante toda a tarde. Haberá un espazo “TERRA” de xogo libre para bebés de 0 a 3 anos; espazos de xogo libre e brinquedos tradicionais para infancia de 3 a 6 anos e para rapazada de 6 a 12 anos; espectáculo teatral e musical GATUXO para bebés de 0 a 3 anos, espectáculo de circo “CRUNCH” para rapazada de 6 a 12 e nenos/as de 3 a 6 anos, concertos de CÉ ORQUESTRA PANTASMA e XOÁN CURIEL E A BANDA DO VERÁN para todos os públicos.
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO