Foro Novo do Baixo Miño

Procúrase xente moza (15-25 anos) para que asista como público!!

O proxecto FORO NOVO DO BAIXO MIÑO busca compartir as inquedanzas da mocidade da comarca usando o TEATRO FORO e o teatro en espazos non convencionais. O eixo vertebrador desta proposta é a pregunta: Que necesitamos as persoas mozas para imaxinar un plan de vida nas nosas vilas?

 

ACTUARÁN TRES PERSOAS MOZAS DO NOSO MUNICIPIO que participaron, xunto con mocidade do Baixo Miño, nun encontro celebrado en Lugo do 28 de agosto ao 4 de setembro. Alí crearon unha peza de TEATRO FORO que se se vai presentar o sábado 26 de outubro ás 19.30h no espazo PrazaCultura de Goián. Vide a coñecer a esta mocidade e a recoñecer o seu traballo!!