Móllate polos ríos 2023 – XVI Limpeza simultánea de ríos

O 25 DE SETEMBRO, MÓLLATE POLOS RÍOS

 

O Proxecto Ríos organiza dende o 2007 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galicia. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais.

 

Pretendemos así concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos de lixo os nosos cursos fluviais como premisa para garantir a súa saúde.

 

Este ano 2023 celebramos xa a 16ª edición da limpeza simultánea de ríos.

 

Convocaremos aos grupos participantes do Proxecto Ríos a que se unan, un ano máis, a esta iniciativa que mobilizou en quendas anteriores a miles de voluntarios e voluntarias e nas que se retiraron decenas de toneladas de residuos.

 

Punto de encontro ás 10:00 horas na Praza de diante do Concello.

 

Podes botarlle un ollo ás accións dos anos anteriores.

 

Se tes interese en participar inscríbete aquí!

 

Se es unha asociación ou centro educativo e queres participar podes facelo contactando no número de teléfono 986 62 20 01, extensión 6 ou no email tecnica.medioambiente@tomino.gal