Nadal voluntario, nadal solidario

O grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño, en colaboración co Centro de Día e coas residencias da Terceira Idade do concello de Tomiño imos levar a cabo unha campaña de voluntariado para que a nosa veciñanza lle achegue un agasallo (preferentemente FEITO A MAN), cunha notiña manuscrita personalizada, a todas as persoas maiores usuarias dos ditos centros.

 

Unha vez realizada a inscrición contactaremos a posteriori para darvos información detallada sobre a persoa maior asignada.

O prazo de inscrición finalizou!