O Concello de Tomiño acondiciona unha aula de usos múltiples no CEIP de Sobrada

O Concello de Tomiño ven de acondicionar os antigos vestiarios do CEIP de Sobrada en sala de usos múltiples. O goberno local levou a cabo unha reforma deste espazo de máis de 50 m cadrados a petición do equipo directivo.
Os antigos vestiarios que se atopaban en desuso foron acondicionados polo persoal municipal levándose a cabo unha reforma estructural na que se incluiron o cambio de instalacións de fontanería e electricidade, alicatados e climatización.
A nova aula de usos múltiples adicarase a clases lectivas como valores cívicos e sociais ou desdobres do alumnado. Ademáis, as actividades extraescolares como lingua de signos e erase unha vez impartiranse neste novo espazo.
Acompañando esta reforma levouse a cabo melloras de accesibilidade na parte traseira comunicando a nova aula co interior do centro educativo. Esta obra permitirá o acceso a ambos espazos a persoas con mobilidade reducida.
No CEIP Sobrada tamén se acondicionou unha aula de psicomotricidade e se cambiaron ventás e pisos nas clases de infantil.
A Alcaldesa, Sandra González, destacou “ o compromiso deste Concello coa educación”. Segundo González, “dende o equipo de goberno continuamos a mellorar as instalacións educactivas mais tamén seguimos colaborando de xeito directo cos equipos directivos e coas anpas co fin de axilizar e traballar de conxuntamente toda a comunidade educativa co fin de revertir no alumnado”.