11 Mai O Concello inicia unha rolda de visitas ás traídas de auga para coñecer as súas necesidades
O obxectivo é realizar unha planificación plurianual de axudas para lograr unha mellora da calidade da auga
Os concelleiros de Obras e Saneamento, Fran Campo Lago, e de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez, comezaron esta semana unha rolda de visitas ás comunidades de augas do Concello coa finalidade de coñecer as súas instalacións e escoitar de primeira man as súas necesidades.
Segundo explicou a concelleira de Medio Ambiente, “o obxectivo destas visitas é realizar unha planificación plurianual de axudas para influír na potabilización e mellora na calidade da auga de consumo humano”.
Fotos: Visita á comunidade de augas de Amorín