23 Mai O Concello mellora a seguridade viaria en todo o municipio, cun investimento de case 20.000 €
A Concellalía de Tráfico procedeu ao pintado de estradas e á construción de varios lombos e bandas redutoras de velocidade no núcleo urbano e parroquias
Colocáronse tamén isletas e pasos de peóns; sinalización e creación de pasos sobreelevados e de prazas de estacionamento
O Concello vén de investir máis de 19.000 euros en múltiples accións destinadas a incrementar a seguridade en rúas e estradas do municipio.
En Goián, pintouse a estrada que vai ao antigo embarcadoiro e tamén a coñecida coma “Baixada ao Regatiño” con prazas de aparcamento; fixéronse 2 lombos de redución de velocidade e un paso de peóns na Avenida Ordóñez, no cruce dos semáforos na estrada xeral.
Tamén en Goián pintouse e sinalizouse a rúa Valle Inclán.
Na parroquia de Figueiró construíronse dous lombos para reducir a velocidade, isletas e instaláronse varias sinais de Stop na estrada principal.
En Estás, fixéronse isletas, pasos de peóns e prazas de estacionamento para familiares, no cemiterio.
Na rúa da gasolineira vella foi obxecto dunha mellora integral, que incluíu a reposición total do pavimento, pintado, sinalización e luminarias.
Asemade, colocáronse dous lombos redutores de velocidade no vial Camiño do Alivio e un paso de peóns sobreelevado na rúa República Arxentina, diante da entrada do Centro de Saúde. Nesta mesma vía, pintouse zona de carga e descarga e zona amarela á altura da tenda de subministros agrícolas. Fíxose o mesmo na rúa A Guarda, en fronte ao bazar chinés.
Na rúa Gondomar, unha das principais arterias do casco urbano, colocáronse separadores de vías á altura da tenda de mobles, para unha persoa cega que vive alí.
Na rúa Tui, pintouse un paso de peóns e na parroquia de Santa Mª de Tebra, fíxose un lombo redutor de velocidade na estrada que da entrada á igrexa.
O concelleiro responsable destas actuacións, Manuel Álvarez, explicou que con estas accións, mellorouse en gran medida a seguridade de peóns e do tráfico rodado, non so no núcleo urbano, senón tamén nas parroquias.