17 Nov O programa transfronteirizo “Deporte para todos” promove a integración dos maiores de 55 anos
- Onte tivo lugar en Vila Nova de Cerveira unha das competicións ás que asisten regularmente
- Unhas 30 persoas de ambos os municipios participan no programa ao longo do ano
No marco do programa transfronteirizo “Deporte para todos”, levado a cabo polos municipios de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, para persoas maiores de 55 anos, celebrouse onte unha competición, na que tamén participaron equipos das localidades lusas de Melgaço, Caminha e Viana do Castelo, xunto ao de Tomiño/Cerveira, sumando entre todos preto dun centenar de deportistas.
Cada equipo aportou de 15 a 30 participantes, que se repartiron nas distintas probas (Fútbol 5, Baloncesto 3, Natación 50m, Atletismo 1500m e 60m, e xogos tradicionais (corda, petanca, malla).
Ademais de acudir ás competicións rexionais, os trinta participantes dos concellos de Cerveira e Tomiño, adestran ao longo de todo o ano, a razón de 2 veces por semana (unha en Vilanova e outra en Tomiño), realizando actividades físicas funcionais e tamén deportes colectivos e individuais.